Acontecementos 23 de febreiro (23 de marzo do calendario romano) — Inicio en Roma do consulado de Lucio Papirio Cursor (III) e de Quinto Aulio Cerretano (II). Papirio Cursor recobró Satricum trala súa deserción e estableceu unha gornición na cidade. xullo (data probable) — Curta campaña de Antígono I en Pisidia. O xeneral macedonio Alcetas, aliado de Eumenes de Cardia, perseguido por Antígono I, refúxiase en Termeso e suicídase. finais do verán, primeiros do outono — Asunción da rexencia de Macedonia do xeneral Poliperconte, trala morte de Antípatro. A viúva de Alexandre Magno, Roxana, e o seu fillo Alexandre IV, son acollidos en Macedonia pola nai daquel, Olimpia de Epiro. En Grecia, o orador e político ateniense Démades, que traizoou a Antípatro, é condenado a morte por Casandro.
Nacementos Antígono II Gonatas, rei de Macedonia (m. ca. 239 a.C.). Pirro de Epiro, rei de Epiro (m. 272 a.C.).
Mortes Antípatro, diádoco, xeneral de Alexandre Magno (n. ca. 397 a.C.).
Outros Historia ano a ano
Categoría:-319