Jorge Eduardo Acosta, coñecido como "el Tigre", nado o 27 de maio de 1941, era un capitán de corveta xefe do Grupo de Tarefas 3.3.2 baseado na ESMA e dese centro clandestino de detención.
Traxectoria Delitos e asasinatos Acosta era quen tomaba as decisións sobre tortura e morte na ESMA. En particular foi quen tomou a decisión de lanzar ao río ao grupo de monxas francesas Duquet e Domon e as nais de Praza de Maio Villaflor, Ballestrino e Ponce , así como a morte de Dagmar Hagelin.
Descubríronselle polo menos 82 delitos probábeis. Entre eles os secuestros, desaparición e torturas da familia Tarnopolsky, Nilda Noemí Actis Goretta, Lisandro Cubas, Carlos Alberto García e Ricardo Coquet, da adolescente sueco-arxentina Dagmar Hagelin, do grupo de Nais de Praza de Maio e activistas de dereitos humanos secuestrados na igrexa da Santa Cruz entre o 8 e o 10 de decembro de 1977 entre quen estaban tamén a monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet.
Membro do Centro de Informacións sobre a Represión.
En 1981 viaxou a Suráfrica para asesorar ao goberno do apartheid na loita contrainsurxente.
En 1998 descubriuse que posuía unha conta secreta en Suíza, que podería haberse usado para bens subtraídos aos detidos-desaparecidos Acosta, Desaparecidos.
Xuízos Beneficiado pola Lei de Obediencia Debida, foi detido novamente e permanece en arresto preventivo pola súa participación no roubo de nenos nacidos en cativerio.
Anuladas as leis de Punto Final e Obediencia Debida polo Congreso en 2003, reabríronse as causas nas que estaba imputado. En agosto de 2006 a xustiza arxentina decidiu elevar a xuízo oral e público a causa da ESMA na que Jorge Eduardo Acosta será axuízado xunto a Alfredo Astiz e Adolfo Miguel Donda Los rostros del terror van al banquillo, Página 12, 22 de agosto de 2006
En Italia acúsaselle de crimes cometidos contra cidadáns italianos durante a ditadura.
Xuízo en España En 1997 o xuíz español Baltasar Garzón solicitou a detención e extradición de 45 militares arxentinos e un civil a quen procesou por xenocidio, terrorismo de Estado e someter a torturas a presos políticos durante o réxime de facto que gobernou na Arxentina entre 1976 e 1983. Entre eles atópase Rubén Franco Auto de procesamiento de militares argentinos, Juzgado Central de Instrucción Nº 5 de ESpaña, 29 de decembro de 1997. A petición foi rexeitada varias veces polo goberno arxentino alegando o principio de territorialidade.
O 27 de xullo de 2003 o presidente Néstor Kirchner mediante o Decreto 420/03 modificou o criterio de rexeitamento das extradicións sustentado ata ese momento ordenando a "obrigatoriedade do trámite xudicial" solicitado pola Xustiza española, e abrindo así o camiño á extradición efectiva dos militares requiridos .
En agosto de 2003 o entón presidente de España José María Aznar ordenou non continuar co proceso de extradición dos solicitados por crimes durante o goberno de facto na Arxentina. Esta decisión foi anulada polo Tribunal Supremo de España en 2005 ordenando continuar adiante coas extradicións solicitadas por Garzón.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Guerra sucia na Arxentina Proceso de Reorganización Nacional Dereitos humanos
Ligazóns externas Jorge Eduardo Acosta, Argirópolis
Categoría:Historia da Arxentina Categoría:Tortura Categoría:Desaparición forzada de persoas