A illa de Bathurst é unha illa canadense que forma parte das Illas da Raíña Isabel no territorio de Nunavut. Ocupa unha superficie estimada de 16 042 km², 188 km de longo por 149´5 km de largo, é a 54ª na Lista de illas por superficie e a 13ª das illas máis grandes do Canadá. Está deshabitada.
Xeografía A illa é de pouca altura con poucas partes que escedan os 330 de altitude. O punto máis alto ten 412 m. en Stokes Mountain na Stokes Range. Que á súa vez forma parte do sistema montañoso da Cordillera Ártica. As boas condicións do chan producen abundante vexetación e alimenta unha poboación silvestre máis prolífica que outras illas do Ártico.
Na illa atópanse as áreas do Programa Biolóxico Internacional, Polar Bear Pass e Parque Nacional Qausuittuq.
Historia Foi descuberta por Sir William Edward Parry no ano 1819 e debe o seu nome ao Conde Henry Bathurst, Secretario de Estado británico para a guerra e as colonias (1812-1827). A illa foi poboada pola tribo Thule cara ao ano 1000, probablemente debido a que nesa época houbo un clima máis cálido (nesa época chegan os viquingos a Vinland). Robert Aldrich trazou gran parte da súa costa oeste en 1851, mentres que George Henry Richards (George Henry Richards) e Sherard Osborn (Sherard Osborn) debuxaron a súa costa do norte en 1853.
Robert Aldrich trazou gran parte da súa costa oeste en 1851, mentres que George Henry Richards e Sherard Osborn debuxaron a súa costa do norte en 1853.
The Earth's North Magnetic Pole tracked north
O Norte da Terra, o Polo Magnético rastrexouse cara ao norte a través da illa de Bathurst durante os anos sesenta e setenta.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Illas Árticas do Canadá
Ligazóns externas Bathurst Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada
Categoría:Illas da Raíña Isabel Categoría:Illas deshabitadas Categoría:Illas do Océano Ártico Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica