O 26 de decembro é o 360º día do ano do calendario gregoriano e o 361º nos anos bisestos. Quedan 5 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1246 - o rei Afonso X o Sabio casa con Violante de Aragón na Colexiata de Valladolid. 1491 - Os Reis Católicos reconquistan Almería, que fora tomada polas tropas de Al-Zagal. 1653 - Oliver Cromwell eríxese en Lord Protector de Inglaterra. 1713 - Filipe V de España asina un Real Decreto, redactado por Jean Orry, que divide España en 21 provincias con fins administrativos e tributarios. 1776 - Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América: As tropas británicas son derrotadas polas estadounidenses na batalla de Trenton (Nova Jersey). 1805 - Sinatura do tratado de Presburgo. 1831 - Estréase a ópera Norma de Vincenzo Bellini na Teatro alla Scala de Milán. 1833 - Estréase a ópera Lucrezia Borgia de Gaetano Donizetti na Scala. 1863 - Aplícase por vez primeira a electricidade en Europa co alumeado dos faros costeiros do cabo de La Heve (Francia). 1906 - Estréase en Melbourne a primeira longametraxe de máis dunha hora de duración, The Story of the Kelly Gang. 1925 - Fundación do Partido Comunista da India. 1925 - Turquía adopta o calendario gregoriano como parte da súa modernización. 1927 - Estoupa o depósito principal da Standard Oil Company en Tianjin, ao norte da China. 1941 - Winston Churchill é nomeado primeiro ministro británico. 1941: Ante o avance xaponés, Manila é declarada cidade aberta e é abandonada polo Goberno filipino. 1943 - Un terremoto causa 1.800 mortos en Turquía. 1950 - Nacionalistas escoceses rouban a pedra da coroación, depositada na abadía de Westminster. 1953 - Lévase a cabo en París o primeiro transplante de ril dun doante vivo, baixo a dirección do cirurxián francés Jean Hamburger. 1979 - Tropas da Unión Soviética invaden Afganistán. 1991 - A Cámara das Repúblicas do Sóviet Supremo declara a fin da URSS a partir da ratificación do Tratado da Comunidade de Estados Independentes (CEI). 1992 - Nixeria aproba en referendo a nova Constitución multipartidista. 1998 - Iraq formaliza a súa ruptura coa ONU e esixe a fin do embargo petrolífero. 2002 - Irán prohibe as lapidacións para mellorar a imaxe internacional. 2003 - Un gran terremoto na cidade iraniana de Bam mata unhas 43 000 persoas. 2004 - Terremoto submarino de magnitude 9.0 no noroeste de Sumatra, que provocou un tsunami que devastou as costas de Indonesia, Sri Lanka, o sur da India, Tailandia e outros países, causando entre 240 000 e 300 000 mortos.

Nacementos miniatura|100px|Mary Somerville. 1194 - Frederico II, emperador romano-xermánico. 1716 - Thomas Gray, poeta inglés. 1756 - Bernard de Lacépède, zoólogo, político e músico francés. 1771 - Julia Clary, raíña consorte de España (1808-1813). 1776 - Juan Lovera, pintor venezolano. 1777 - Lois II de Hesse, Gran Duque de Hesse e do Rin. 1780 - Mary Somerville, matemática escocesa. 1791 - Charles Babbage, científico e matemático inglés. 1791 - José Gutiérrez de la Vega, pintor español. 1820 - Dion Boucicault, actor irlandés. 1832 - Sergio Camargo, presidente de Colombia. 1837 - George Dewey, almirante estadounidense. 1853 - René Bazin, escritor francés. 1867 - Julien Benda, escritor e filósofo francés. 1872 - Norman Angell, escritor e político británico, premio Nobel da Paz en 1933. 1873 - José Oliva Nogueira, periodista e escritor arxentino (f. 1945). 1880 - Elton Mayo, filósofo australiano. 1883 - Maurice Utrillo, pintor francés. 1887 - Arthur Ernest Percival, general británico. 1891 - Henry Miller, escritor estadounidense. 1893 - Mao Zedong, político chinés. 1904 - Alejo Carpentier, escritor e musicólogo cubano. 1906 - Imperio Argentina, actriz e cantante hispano-arxentina. 1911 - Renato Guttuso, pintor italiano. 1912 - Julio Philippi Izquierdo, avogado, diplomático e político chileno. 1914 - Richard Widmark, actor estadounidense. (f. 2008) 1918 - Georgios Rallis, Primeiro ministro de Grecia. 1921 - Steve Allen, animador, compositor e comediante estadounidense. 1922 - Richard Mayes, actor inglés. 1922 - José María Rodero, actor español. 1923 - Richard Artschwager, pintor e escultor estadounidense. 1926 - Earle Brown, compositor estadounidense. 1926 - Gina Pellón, artista cubana. 1927 - Allan King, comediante estadounidense. 1927 - Denis Quilley, actor inglés. 1933 - Clemente Auger, maxistrado español. 1937 - Gnassingbé Eyadéma, presidente togolés (1967-2005) (f. 2005). 1937 - John Conway, matemático inglés. 1939 - Germán Correa, sociólogo e político chileno. 1940 - Edward C. Prescott, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía en 2004. 1940 - Phil Spector, produtor e músico estadounidense. 1941 - Daniel Schmid, cineasta suízo. 1942 - Marco Vinicio Cerezo Arévalo, presidente de Guatemala (1986-1990). 1947 - Víctor Hugo Morales, xornalista, uruguaio. 1947 - Jean Echenoz, novelista francés. 1949 - José Ramos-Horta, Presidente de Timor Oriental (2007-) e Premio Nobel da Paz en 1996. 1951 - Fedra Lorente, actriz española. 1951 - John Scofield, músico de jazz estadounidense. 1952 - Manuel Marfán, economista chileno. 1953 - Leonel Fernández Reyna, político dominicano. 1953 - Toomas Hendrik Ilves, Presidente de Estonia. 1953 - Henning Schmitz, músico alemán (Kraftwerk). 1954 - Ozzie Smith, xogador de baseball estadounidense. 1958 - Adrian Newey, enxeñeiro de Fórmula 1 británico. 1959 - Mariano Barroso, director de cine español. 1959 - Koji Morimoto, animador e director de cine xaponés. 1960 - Temuera Morrison, actor neozelandés. 1962 - James Kottak, batería alemán do grupo Scorpions. 1963 - Lars Ulrich, batería danés do grupo Metallica. 1964 - Elizabeth Kostova, escritora estadounidense. 1967 - Jay Farrar, compositor e cantante estadounidense. 1969 - Thomas Linke, futbolista alemán. 1969 - Isaac Viciosa, atleta español. 1970 - James Mercer, músico e guitarrista estadounidense do grupo The Shins. 1971 - Jared Leto actor, músico e cantante estadounidense do grupo 30 Seconds to Mars. 1971 - Mika Nurmela, futbolista finés. 1971 - Jonathan M. Parisen, cineasta estadounidense. 1974 - Joshua John Miller, actor estadounidense. 1975 - Pablo Puyol, actor, bailarín e cantante español. 1975 - Marcelo Ríos, tenista chileno. 1975 - María Vasco, atleta de marcha española. 1976 - Lea De Mae, actriz porno checa (f. 2004). 1979 - Fabián Carini, futbolista uruguaio. 1979 - Chris Daughtry, músico estadounidense. 1979 - Xavier Florencio, ciclista español. 1980 - Todd Dunivant, futbolista estadounidense. 1982 - Oguri Shun, actor xaponés.

Mortes miniatura|100px|Heinrich Schliemann. miniatura|100px|Xavier Prado, "Lameiro". 268 - San Dionisio, papa católico (259-268). 1476 - Galeazo María Sforza, duque milanés (n. 1444). 1530 - Babur, emperador mongol (n. 1483). 1624 - Simon Marius, astrónomo alemán. 1666 - Beata María de Jesús Ruano, mística española. 1727 - Baltasar de Zúñiga, conquistador español. 1736 - Antonio Caldara, músico e compositor italiano. 1771 - Claude-Adrien Helvétius, filósofo francés. 1780 - John Fothergill, médico británico (n. 1712). 1818 - María Isabel de Bragança, raíña de España (1816–1818) (n. 1797). 1820 - Joseph Fouché, político, ministro de policía e Duque de Otranto (1793-1815). 1824 - José Alonso López y Nobal, mariño, matemático e enxeñeiro galego (n. 1763). 1855 - Carlos Martínez de Irujo y McKean, diplomático e político español (n. 1802). 1868 - Joaquín Suárez, presidente interino uruguaio (n. 1781). 1880 - Manuel Murillo Toro, presidente colombiano. 1890 - Heinrich Schliemann, arqueólogo alemán. 1909 - Frederic Remington, pintor estadounidense. 1923 - Dietrich Eckart, político e ideólogo nazi alemán. 1931 - Melvil Dewey, bibliotecario estadounidense (n. 1851). 1942 - Xavier Prado Rodríguez Lameiro, veterinario, autor teatral e poeta galego (n. 1874). 1946 - Rafael Álvarez Ovalle, compositor guatemalteco. 1949 - Mateo Hernández, escultor e pintor español. 1959 - Pierre de Gaulle, político francés. 1970 - Lilian Board, atleta británica. 1970 - Emilio Centurión, pintor e profesor arxentino. 1974 - Jack Benny, actor estadounidense. 1977 - Howard Hawks, cineasta estadounidense. 1980 - Tony Smith, escultor e artista visual estadounidense. 1985 - Dian Fossey, zoóloga estadounidense. 1985 - Hal Warren, director, guionista e produtor de cine estadounidense. 1986 - Elsa Lanchester, actriz británica. 1988 - Pablo Sorozábal, compositor español. 1994 - Sylva Koscina, actriz croata-italiana. 1997 - Cornelius Castoriadis, filósofo francés de orixe grega. 1999 - Curtis Mayfield, músico estadounidense. 2000 - Jason Robards, actor estadounidense. 2001 - Nigel Hawthorne, actor británico. 2002 - Herb Ritts, fotógrafo estadounidense. 2003 - Teresa Vico, directora de teatro española. 2005 - Vincent Schiavelli, actor estadounidense. 2005 - Narciso Irureta, político chileno (n. 1924). 2006 - Gerald Ford, político e presidente estadounidense (1974-1977) (n. 1913). 2009 - Yves Rocher, empresario francés (n. 1930). 2010 - Salvador Jorge Blanco, Presidente da República Dominicana (n. 1926).

Festas e celebracións Festivo en Irlanda e Cataluña. Día do Pendón en Almería, conmemorando a chegada dos Reis Católicos á cidade. Boxing Day'' no Canadá.

Outros Santoral: Santo Estevo, lapidado ás portas de Xerusalén ó pouco da resurrección de Cristo.

Os 366 días do ano

Categoría:Decembro