O Puig de Massanella é a segunda cima máis elevada de Mallorca, cunha altura de 1364 m sobre o nivel do mar.
Situación O Puig de Massanella está situado no concello de Escorca. Forma parte da serra de Son Torrella –coma o Puig Major, o cume máis alto da illa–, que á súa vez é un macizo da serra de Tramuntana, un cordal montañoso que percorre o norte de Mallorca ao longo de 90 km.
Principais accesos Desde Coll de la Batalla, atravesando o Coll de la Línia. Desde Mancor, pasando tamén polo Coll de la Línia.
Categoría:Xeografía de Mallorca Categoría:Montañas das Illas Baleares