Albert Pla, nado en Sabadell o 22 de setembro de 1966, é un cantautor catalán que canta indistintamente en catalán e castelán. As súas cancións mostran unha particular visión da vida propia dunha personalidade extrema, ás veces con polémicos contidos, e en ocasións con certo toque infantil.

Traxectoria Colaborou con Manolo Kabezabolo, Roberto Iniesta (Extremoduro), Fermin Muguruza (Kortatu, Negu Gorriak), Quimi Portet (El Último de la Fila), Kase.O (Doble V) e Quico Pi de la Serra, entre outros. En máis dunha ocasión participou en homenaxes a Pau Riba e Jaume Sisa. Colaborou con Estopa no álbum "Estopa X Anniversarivm", na canción "Joaquín el necio".

Canda Muchachito (Muchachito Bombo Infierno), El Canijo de Jerez (Los Delinqüentes), Lichis (La Cabra Mecánica) e Tomasito, formou o grupo La Pandilla Voladora. Fixo unha xira, ademais de gravar o sinxelo "Del deporte también se sale".

A súa canción "Sufre como yo" forma parte da banda sonora da película Carne trémula (1997), de Pedro Almodóvar.

Cinema e teatro Traballou en producións cinematográficas como Airbag, de Juanma Bajo Ulloa; A los que aman, de Isabel Coixet; e Honor de caballería, de Albert Serra. Tamén foi o protagonista da obra teatral Caracuero de Helmut Krausser, con máis de 150 representacións. En decembro de 2009 protagonizou a obra teatral "Llits" (Camas), no papel do acróbata Lectus.

Polémicas Algunhas das súas cancións, como "La dejo o no la dejo" (en que dubida se seguir coa moza ou delatala á policía pola pertenza desta a unha banda terrorista) ou "Carta al rey Melchor", foron obxecto de polémica. Estiveron a piques de non seren publicadas. No caso da segunda, chamada orixinalmente "Carta al rey", houbo que modificar o título.

En outubro de 2013 manifestou que "sempre lle dera noxo ser español", e mostrou o seu apoio á independencia de Cataluña. Tras esas declaracións, foi suspendido un concerto que tiña previsto dar en Xixón.

Discografía miniatura|dereita|260px|Concerto en Bueu, con Diego Cortés e Tino di Geraldo

Ho sento molt (PDI 1989) Aquí s'acaba el que es donava (PDI 1990) Una MM... lligada amb un cordill (2 CD's - PDI 1991) No sólo de rumba vive el hombre (BMG Ariola 1992) Supone Fonollosa (BMG Ariola 1995) Veintegenarios en Alburquerque (BMG Ariola 1997) Anem al llit (BMG Ariola 2002) Cançons d'amor i droga (2 CD's - BMG Ariola 2003) Vida y milagros (CD + DVD en directo - BMG Ariola 2006) La diferencia (El Volcán 2008) Concert a París (falso directo con Joan Miquel Oliver, 2010) Somiatruites (con Pascal Comelade, 2011) Miedo (2018)

Obra España de mierda (novela). Roca Editorial, 2015 España en guerra (novela). Desacorde Ediciones, 2020

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Albert Pla 1997 Biografía, letras, entrevista + 1997 Entrevista 1999 Entrevista 2002 2006 El malo de la película Concerto de presentación do seu último disco

Categoría:Cantautores de Cataluña Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Nados en 1966