O Palacio de Mukden (en chinés simplificado: 盛京宫殿; en chinés tradicional: 盛京宮殿; en pinyin: Shěngjīng Gōngdiàn) ou Shenyang Gugong (en chinés simplificado: 沈阳故宫; en chinés tradicional: 瀋陽故宮; en pinyin: Shěnyáng Gùgōng), tamén coñecido como Palacio Imperial de Shenyang. É o antigo Palacio Imperial da Dinastía Qing (1616-1910) da China. Atópase no centro da cidade de Shenyang, antiga Mukden, na rexión de Manchuria.
No ano 2004, o palacio foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como extensión dos Palacios Imperiais das Dinastías Ming e Qing en Pequín e Shenyang.
Historia miniatura|250px|esquerda|Mapa do Palacio de Mukden
A construción do palacio iniciouse en 1625, durante o reinado do fundador da Dinastía Qing, Nurhaci. No ano 1631 fóronse construíndo outros edificios por orde do Emperador Huang-Taiji. Os tres primeiros emperadores Quing viviron alí entre 1625 e 1644.
O Palacio de Mukden foi proxectado para asemellarse ás tendas do pobo manchú (大帐), á vez que a ampliación tiña a ambición de copiar a Cidade Prohibida de Pequín. No palacio son evidentes algúns elementos dos estilos arquitectónicos propios das poboacións de Manchuria e o Tíbet.
miniatura|250px|Galería Dazheng, o máis antigo edifício do Palacio de Mukden.
No ano 1644, cando a Dinastía Qing substituíu a Dinastía Ming en Pequín, o palacio perdeu o seu estatuto de residencia oficial, converténdose nun simple palacio rexional.
No ano 1780, o Emperador Qianlong mandou construír novos edificios, ampliando así o palacio.
Museo No ano 1955, o Palacio de Mukden foi convertido nun museo co nome de Museo Palacio de Shenyang.
Galería de Imaxes do Palacio de Mukden
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do sítio da UNESCO relativa aos Palacios Imperiais das Dinastías Ming e Qing
Categoría:Patrimonio da Humanidade na China