O faro de Punta Roncadoira é un faro situado na costa cantábrica galega.

Localización Sitúase na punta Roncadoira na costa de Vilachá, na parroquia de Portocelo, Xove. O 24 de xullo de 1974 a Dirección Xeral de Portos autorizou a redacción dun proxecto de construción dun faro en Punta Roncadoira. Entrou en funcionamento o 25 de febreiro de 1984 de forma provisional, e definitivamente o 10 de abril de 1986, como apoio aos outros faros próximos que sinalizan a ría de Viveiro. Ten unha elevación de 80 metros sobre o nivel do mar e un alcance de 20 millas.

En 2009 remodelouse a vía de acceso e en 2011 a que rodea o faro.

Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Características

  Faro da Punta Roncadoira Código D-1679.8 Descrición Torre Circular de formigón Altitude 14 m. Características DB 7,5s Período 0.8+<6.7>=7.5 Alcance 21 millas náuticas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de faros de Galicia

Notas

Categoría:Xove Punta Roncadoira