Os Pactos Lateranenses do 11 de febreiro de 1929 proporcionaron o recoñecemento mutuo entre o entón Reino de Italia e a Cidade do Vaticano. Os pactos foron negociados entre o Cardeal e Secretario de Estado Pietro Gasparri en nome da Santa Sé e Benito Mussolini, líder fascista e primeiro ministro italiano.
Os pactos Existían tres pactos diferentes:
Un pacto que recoñecía a independencia e soberanía da Santa Sé e que creaba o Estado da Cidade do Vaticano. 1º. Italia recoñece a relixión católica como a única do Estado (...). Un concordato que definía as relacións civís e relixiosas entre o goberno e a Igrexa en Italia e que se resumía no lema Igrexa libre en Estado libre. 2º. Italia recoñécelle á Santa Sé a plena propiedade e a xurisdición soberana sobre os territorios da creada Cidade do Vaticano (...). Unha convención financeira que proporcionaba á Santa Sé unha compensación polas súas perdas en 1870. 26º. A Santa Sede declara definitivamente resolta a "cuestión romana" e recoñece o Reino de Italia baixo a dinastía da Casa de Savoia, con Roma como capital do Estado italiano (...).
Véxase tamén
Categoría:Historia contemporánea de Italia Categoría:1929 Categoría:Tratados de Italia Categoría:Historia de Italia do século XX