San Pedro de Sárdoma é unha parroquia do concello pontevedrés de Vigo na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 2.397 habitantes (1.166 homes e 1.231 mulleres). Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Freixeiro, Lavadores e a cidade de Vigo e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.

Xentilicio O seu xentilicio é sardomeiro.

Patrimonio miniatura|A ponte Abeleira Consérvanse, da época medieval, o pazo da Raposeira (do ano 1625), o pazo de San Roque (1688) e a Casa Grande de Aires, do século XVIII. Destaca tamén unha ponte medieval (Ponte de Sárdoma), aínda en uso, dos séculos XII-XIII. A igrexa parroquial, o adro, o cemiterio e a casa reitoral son do século XVIII. A parroquia posúe dous cruceiros, un no adro da igrexa e outro na Laxe.

Xeografía Ten 9 entidades de poboación, 5 lugares e 2.397 veciños (2022). As súas entidades de poboación son as seguintes: Fragosiño (73), A Laxe (566), O Lameiro (182), O Marco (58), Moledo (318), O Outeiro (109), A Pescadeira (81), O Raviso (581) e As Relfas (24). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Freixo, A Lousada, O Monte da Serra, A Raposeira e A Salgueira.

Festas As festas máis importantes de Sárdoma son as de Santo Isidro Labrador no mes de maio, e as do patrón San Pedro que se celebra o 29 de xuño.

Servizos A freguesía de Sárdoma, na súa condición semiurbana, ten diferentes parques industriais, a igrexa parroquial, un centro de saúde, varios campos de fútbol, colexios, institutos e entidades bancarias. O seminario maior da diocese de Tui-Vigo atópase nesta parroquia. A Salgueira constitúe unha parroquia eclesiástica de seu dende 1970.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Sárdoma

Parroquias de Vigo

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lugares de Vigo

Categoría:Parroquias de Vigo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro