O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia. De ideoloxía galeguista e socialdemócrata, ten 1 010 concelleiros, as alcaldías das 2 cidades con maior poboación de Galicia (Vigo e A Coruña ), as presidencias das deputacións provinciais da Coruña e Lugo, 9 deputados no Parlamento de Galicia, 7 no Congreso dos Deputados e 4 senadores. O colectivo da mocidade do PSdeG-PSOE é as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG).
Historia O PSOE en Galicia adoptou o nome de Partido Socialista de Galicia no Congreso Extraordinario de novembro de 1977 e por diversos contenciosos co Partido Socialista Galego modificou o seu nome en 1980 para adoptar o actual.
Tiña 25.423 militantes no ano 2000, tras unha depuración interna da listaxe de militancia no ano 2002 quedou reducida a 10.500. Segundo datos publicados o 6 de marzo de 2006 ten 27.551 afiliados, deles 19.307 activos.
Nas eleccións do 2005, o PSdeG-PSOE acadou 25 parlamentarios. A través dun pacto cos nacionalistas galegos do BNG, conseguiu a presidencia da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño, daquela secretario xeral dos socialistas foi o presidente dun goberno de coalición. Tras catro anos de presidencia, nas eleccións de marzo de 2009 o PSdeG-PSOE perdeu a posibilidade de reeditar goberno ao obter o Partido Popular de Galicia a maioría absoluta, perdendo un escano pola provincia da Coruña (o partido obtivo 524 488 votos, o 31,54%).
Tras esta derrota, o secretario xeral, Emilio Pérez Touriño, presentou a súa dimisión. O 4 de marzo de 2009 constituíuse unha xestora presidida por Ricardo Varela Sánchez, Vicesecretario Xeral ata ese momento, que debía levar o partido ata o congreso extraordinario previsto para o 25 de abril dese ano.La gestora del PSdeG confía en coincidir con las bases en la sucesión de Touriño, Europa Press, 4 de marzo de 2009. O secretario xeral do partido en Ourense, Pachi Vázquez, perfilouse como o candidato con máis posibilidades para acceder á Secretaría Xeral no Congreso Extraordinario. Finalmente, o 25 de abril de 2009 Pachi Vázquez resultou elixido Secretario Xeral co 90% dos votos.
Trala derrota do PSdeG nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, houbo unhas eleccións primarias consultivas o 7 de setembro de 2013, nas que se presentaron Xosé Ramón Gómez Besteiro e o alcalde da Illa de Arousa, Manel Vázquez. Finalmente, Xosé Ramón Gómez Besteiro alzouse como vencedor da consulta ao obter o 77% dos votos, sendo ratificado o seu nomeamento nun congreso extraordinario celebrado o 29 de setembro de 2013. Co 95% dos votos, foi proclamado novo secretario xeral do PSdeG-PSOE.
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, o candidato socialista á Xunta, Gonzalo Caballero, conseguiu os daquela peores resultados da historia do partido. O candidato socialista aferrouse á subida dun punto e medio na porcentaxe de voto (pasou do 17,8% conseguido nas eleccións autonómicas de 2016 a un 19,37%) para defender que fixo "o mellor que podía facer". Aínda así, recoñeceu que os resultados foron "insatisfactorios" e achacouno ao impacto da crise sanitaria da Covid-19. As enquisas de opinión situaron a Gonzalo Caballero como o líder peor valorado pola mocidade galega (4,1%) fronte á líder do BNG Ana Pontón (63,3%).
Catro anos máis tarde celebráronse as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024. Nelas o alcalde das Pontes de García Rodríguez e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín Formoso, decidiu non presentarse. Isto provocou un proceso de primarias entre: Xosé Ramón Gómez Besteiro, que foi secretario xeral entre 2013 e 2016; Gonzalo Caballero, que foi secretario xeral entre 2017 e 2021; e un militante coruñés, Manuel Losada. Durante este proceso Gonzalo Caballero retirou a súa candidatura, Manuel Losada só presentou 18 avais e Xosé Ramón Gómez Besteiro presentou cinco veces máis dos necesarios, sendo proclamado candidato. O PSdeG-PSOE empezou subindo nas enquisas, posicionándose entre 13 e 15 deputados, mentres que as sondaxes a pé de urna se situaban entre 9 e 10. Finalmente, o PSdeG-PSOE obtivo 9 deputados, sendo o seu peor resultado histórico. Xosé Ramón Gómez Besteiro volveu novamente ser nomeado secretario xeral.
miniatura|Agrupación Local de Redondela.
Líderes do PSdeG-PSOE miniatura|Xosé Ramón Gómez Besteiro en 2023, tras entregar os avais para ser candidato á Xunta en 2024. Presidente Período 1. Francisco González Amadiós 1979-1982 2. Manuel Couce Pereiro 1982-1985 3. Antonio Rodríguez 1985-1988 4. Fernando González Laxe 1988-1991 - Vacante 1991-1994 5. Abel Caballero 1994-1998 - Vacante 1998-2012 6. Xosé López Orozco 2012-2013 - Vacante 2013-2017 7. Xoaquín Fernández Leiceaga 2017-2021 8. Carmela Silva 2021-actualidade
Secretario xeral Período 1. Modesto Seara 1977-1979 2. Xosé Luís Rodríguez Pardo 1979-1980 3. Francisco Vázquez 1980-1982 4. Antonio Rodríguez 1982-1985 5. Antolín Sánchez Presedo 1985-1994 6. Francisco Vázquez 1994-1998 7. Emilio Pérez Touriño 1998-2009 8. Pachi Vázquez 2009-2013 9. Xosé Ramón Gómez Besteiro 2013-2016 - Comisión Xestora presidida por Pilar Cancela 2016-2017 10. Gonzalo Caballero 2017-2021 11. Valentín González Formoso 2021-2024 12. Xosé Ramón Gómez Besteiro 2024-actualidade
Resultados electorais Parlamento de Galicia
Notas
Véxase tamén
Outros artigos PSOE
Ligazóns externas Web do PSdeG-PSOE Web das Xuventudes Socialistas de Galicia
Categoría:PSdeG-PSOE Categoría:Partidos políticos de Galicia