Vicente López Carril, nado en Donas (Boqueixón) o 2 de decembro de 1942 e finado en Xixón (Asturias) o 29 de marzo de 1980, foi un ciclista profesional galego.

Traxectoria Viviu dende novo en Candás (Asturias). Tivo un irmán, Xesús López Carril, que tamén foi profesional.

Practicamente toda a súa carreira profesional como ciclista desenvolveuna no equipo vasco Kas, co que conseguiu os mellores éxitos. Nesa época foi gregario de José Manuel Fuente, 'Tarangu', nas grandes voltas por tiradas (Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España). Entre os seus títulos individuais destacan unha vitoria na Volta a Asturias, unha Volta aos Vales Mineiros e o campionato de España de ciclismo en estrada en 1974, pero sobre todo o terceiro posto acadado no Tour de 1974, edición que gañaría Eddy Merckx. Foi o galego que máis veces quedou entre os dez primeiros do Tour, ao facelo en cinco ocasións, e o que máis tiradas gañou, con tres.

Retirouse no ano 1979 no equipo Teka, co que disputou as súas dúas últimas tempadas.

Faleceu mentres xogaba ao fútbol na praia de San Llorienzu, en Xixón, a causa dun derramo cerebral.

Palmarés

1971 Volta aos Vales Mineiros Vitoria de tirada no Giro de Italia 10º no Tour de Francia

1972 4º posto final no Giro de Italia

1973 Volta aos Vales Mineiros Vitoria de tirada no Tour de Francia (final en Nisa) 9º no Tour de Francia

1974 Campión de España de ciclismo en estrada 3º no Tour de Francia Vitoria de tirada no Tour de Francia (final en Serre-Chevalier)

1975 Vitoria de tirada no Tour de Francia (final en Avoriaz) Volta a Valencia 5º no Tour de Francia

1976 Vitoria de tirada na Vuelta a España 10º no Tour de Francia

1977 Volta a Asturias G.P. Primavera Resultados nas Grandes Voltas Carreira1967196819691970197119721973197419751976197719781979Giro de Italia23º---12º4º-8º--55º--Tour de Francia-23º-34º10º-9º3º5º10º23º-RetVuelta a España14º34º26º17º-12º17º-5º-10º12º- Notas

Véxase tamén Outros artigos Galegos na Vuelta a España Galegos no Tour de Francia Galegos no Giro de Italia

Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia