Agrupación Nacionalista Galega de Narón foi unha agrupación electoral de carácter municipalista, independente, nacionalista e de esquerdas.
Historia Formouse en Narón (provincia da Coruña) para dar continuidade á coalición Unidade Galega, que acadara neste concello a alcaldía nas eleccións municipais de 1979. Nas eleccións de maio de 1983 obtén 6 concelleiros que sumados ós 5 do PSOE volven dar a alcaldía a Antonio Martínez Aneiros, alcalde na etapa anterior.
En 1985, a ANGN intégrase no PSG-EG. Como consecuencia desta integración Antonio Martínez Aneiros resulta escollido deputado nas eleccións ao parlamento de galicia de 1985, pasando a ocupar o seu posto como alcalde Xoán Gato Díaz.
Notas
Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Narón Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia