O mar de Tasmania está situado ao suroeste do océano Pacífico, entre a Australia continental e a illa de Tasmania ao oeste, e a Illa Norte e Illa Sur de Nova Zelandia ao leste.

Este mar toma o seu nome da illa de Tasmania, descuberta (así como Nova Zelandia) no século XVII polo explorador holandés Abel Tasman. Posteriormente, o explorador británico James Cook explorou extensivamente o mar de Tasmania durante a década de 1770 como parte da súa primeira viaxe de descubrimento. Tamén a expedición de Alessandro Malaspina sucou as súas augas durante o ano 1793, fondeando en Doubtful Sound (Illa Sur de Nova Zelandia) e en Sydney (Australia).

De acordo coa Organización Hidrográfica Internacional, fíxase convencionalmente o límite entre o mar de Tasmania e o mar do Coral na continuación da fronteira entre os estados australianos de Queensland e Nova Gales do Sur.

Existen varios grupos de illas situadas no mar de Tasmania, lonxe da costa de Australia e Nova Zelandia: as Illas de Lord Howe e as súas illas subsidiarias. Ball's Pyramid. a Illa de Norfolk, no extremo norte do mar de Tasmania, xusto no límite co Mar do Coral.

Delimitación da IHO

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Tasmania como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 63 e defíneo do seguinte xeito:

Notas

Véxase tamén

Categoría:Mares do Océano Pacífico Categoría:Xeografía de Nova Zelandia Categoría:Xeografía de Australia