Henry David Thoreau, nado en Concord, Massachusetts, o 12 de xullo de 1817 e finado en Concord o 6 de maio de 1862, foi un escritor, trascendentalista, e filósofo anarquista estadounidense famoso por Walden e mais polo seu tratado Civil disobedience.
Traxectoria Thoreau foi agrimensor, naturalista, conferenciante e fabricante de lapis. Ademais de ser un dos pais fundadores da literatura norteamericana, hoxe en día é considerado un pioneiro da ecoloxía e da ética medioambientalista. É tamén o conceptualizador das prácticas de desobediencia civil.
Thoreau quixo experimentar a vida na natureza, polo que desde o 4 de xullo de 1845 viviu dous anos nunha fraga preto de Walden Pond, non lonxe da súa familia e amigos en Concord (como Ralph Waldo Emerson). Abandonou a súa cabana o 6 de setembro de 1847 para vivir coa súa familia. Walden, que relata a súa vida na fraga, foi publicada en 1854.
En 1846 negouse a pagar impostos debido á súa oposición á guerra contra México e á escravitude nos Estados Unidos, polo que foi condenado a prisión durante uns días. Deste feito naceu o seu tratado Civil desobedience. Neste texto declárase un dos conceptos principais da súa ideoloxía: a idea de que o goberno non debe ter máis poder que o que os cidadáns estean dispostos a concederlle, chegando a tal punto que propón a abolición de todo goberno, unha ética contraria á capitalista e burguesa, declarándose inimigo do estado. Considerado por algúns como o primeiro ecoloxista, o seu ensaio foi influente en Tolstoi e en Gandhi.
Nas ciencias naturais o seu prestixio é aínda apreciable. Edward O. Wilson comeza os seus libros sobre The future of life (2002) cunha carta dirixida a Thoreau. A súa obra e exemplo manteñen aínda unha forte influencia nos movementos en defensa dos dereitos civís (o propio Martin Luther King expresou abertamente a súa admiración), o pacifismo e o ambientalismo. En 1960 unha efixie de Thoreau entrou no Panteón dos Heroes Norteamericanos da Universidade de Nova York, xunto a George Washington, Benjamin Franklin, Abraham Lincoln, Thomas Edison e Emerson. En 1998, o presidente dos Estados Unidos propúxoo como modelo das mellores prácticas cidadás e afirmou a superioridade moral da desobediencia civil sobre a violencia.
Algunhas obras A Week on the Concord and Merrimac Rivers (1839). Desobediencia civil (Civil disobedience, 1849). Slavery in Massachusetts (1854). Walden (1854). A Plea for Captain John Brown (1860). Camiñando (Walking, 1862) Excursions (1863). Vida sen fundamento (Life Without Principle, 1863) The Maine Woods (1864). Cape Cod (1865). Early Spring in Massachusetts (1881). Summer (1884). Winter (1888). Autumn (1892). Miscellanies (1894).
Publicacións en galego Desobediencia civil e Vida sen fundamentos, edición conxunta de Edicións Positivas (primeira edición, maio de 2002), con tradución a cargo de Pablo Seoane. Camiñando, edición de Axóuxere, de 2012, con tradución a cargo de Elva Souto.
Véxase tamén
Ligazóns externas Textos de Thoreau On the Duty of Civil Disobedience A Plea for Captain John Brown Walden Walking A Week on the Concord and Merrimack Rivers Wild Apples: The History of the Apple Tree The Succession of Forest Trees An Excursion to Canada''
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América Categoría:Ecoloxistas dos Estados Unidos de América Categoría:Anarquistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Middlesex, Massachusetts Categoría:Nados en 1817 Categoría:Finados en 1862 Categoría:Finados por tuberculose Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa