José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic) ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865Registro bautismal de Jose Ventura Eduardo Gregorio Valdomir. Archivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela. Cota P009073. Parroquia de San Nicolás. Libros de bautizados, tomo 24, folio 299. e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva.
Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo.
Foi nomeado académico da Real Academia Provincial Coruñesa de Belas Artes (1905), da Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid (1922) e numerario da Real Academia Galega (1941), na que permaneceu ata a súa morte en 1947. Tamén participou en institucións galeguistas como as Irmandades da Fala, nas que ingresou no seu inicio en 1916. Baldomir colaborou tamén na recompilación dos Cantos y Bailes Populares de España e de El Cancionero Musical Popular Español de José Inzenga e Felip Pedrell, respectivamente.
Interveu en varios tribunais de oposicións e presidiu o xurado de certames musicais para orfeóns, bandas e coros galegos. Foi director das orquestras do Liceo Brigantino, da orquestra da sociedade Bretón de los Herreros e dos coros e orquestra das Fillas de María. En 1906 foi invitado a dar un recital no Ateneo de Madrid e tamén realizou unha xira por España, Francia e Portugal. miniatura|Baldomir nos seus anos mozos, retratado por Sellier. Traxectoria
Primeiros anos e formación musical Xosé Baldomir Rodríguez naceu o 26 de novembro de 1865 na cidade da Coruña, no número dous da calella do Africano, fillo dun traballador do Banco de La Coruña chamado Ángel Baldomir Arcay, e de Andrea Rodríguez Rivera. Baldomir criouse nunha familia acomodada e tivo cando menos tres irmáns: o tamén músico Francisco, Luis e Fermina.
Os únicos datos atopados sobre a infancia refírense aos seus estudos de "xeometría e aritmética" e "estudos xerais e de aplicación" no Instituto de Segunda Ensinanza (Escola de Comercio) da cidade da Coruña. En opinión da autora Margarita Viso Soto, estes estudos indicarían que o pai de Xosé Baldomir quería que o seu fillo dirixise os seus estudos "cara á contabilidade, o comercio ou afíns", mais os resultados pouco brillantes que acadou expoñen o pouco interese que estes estudos lle provocaban ao mozo. miniatura|Marcial del Adalid foi un dos mestres de Baldomir e unha influencia importante na súa obra. Musicalmente, segundo sinalou o propio Xosé Baldomir, recibiu as súas primeiras leccións da man do seu irmán Francisco. Tamén existe constancia documental de que foi discípulo de Marcial del Adalid, que morrería en 1881 sendo el aínda novo. Con todo, Baldomir mantivo unha estreita relación co curmán de Marcial del Adalid, Marcial de Torres Adalid, de quen tamén foi discípulo, e quen posiblemente prolongou e fixo afondar a influencia de Marcial del Adalid no mozo Baldomir. De feito Xoán Vicente Viqueira sinalaba a influencia dos mestres na figura de Baldomir: ISBN 84-7154-222-C.
Tamén Adolfo Anta sinala esta influencia dos seus mestres Adalid e Torres:
Baldomir formouse musicalmente no piano e o harmonio . Aínda que figura como pianista en numerosas referencias de concertos, posiblemente tivera predilección polo harmonio, o cal consideraba idóneo para as súas clases. Tamén debeu ter formación en canto, xa que coñecía a técnica, tendo chegado a exercer como profesor de canto na Deputación Provincial da Coruña.Na folla de méritos da proposta de ingreso na Real Academia Galega. Citado en
Director de corais e profesor na Escola de Belas Artes En 1892 temos as primeiras referencias ao seu labor como director de conxuntos corais, foi neste ano cando aparece como director á fronte do Orfeón Brigantino, a sección coral do Liceo Brigantino. Co orfeón participou nos agasallos ao que foi presidente da Primeira República Francesc Pi i Margall na súa visita á cidade. Tamén se ten constancia de que o coro tiña prevista unha actuación en Madrid e outra na Coruña a beneficio de Andrés Gaos. Así mesmo existen referencias da prensa entre 1893 e 1899 sobre a súa vinculación ao coro e orquestra de Hijas de María, unha coral feminina que cantaba acompañada dunha pequena orquestra principalmente na igrexa de San Domingos. Baldomir realizou diversos arranxos e composicións para esta agrupación, por exemplo a instrumentación dunha misa de Léo Delibes ou as súas obras Despedida á la Virgen ou unha Ave María, que en 2018 aínda non foran localizadas. miniatura|esquerda|Fachada da Escola Provincial de Belas Artes da Coruña, actualmente o edificio acolle o IES Eusebio da Guarda. Foi precisamente en 1892 cando Baldomir se presentou como aspirante a un posto de profesor na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña. Con todo, non foi ata 1894 cando se produciu o seu nomeamento como profesor de «Solfexo aplicado ao conxunto e masas corais». Este traballo non lle proporcionou unha grande seguridade económica ao compositor e á súa gran familia, xa que nesa época ese tipo de postos estaban escasamente remunerados, polo que tivo que complementar o oficio cos ingresos que percibía pola representación e venda da súa música. O arquivo da escola, no seu expediente de profesor, contén principalmente reclamacións económicas que realizou Baldomir ao longo dos anos que permaneceu na escola.
En 1894, dous anos despois de poñerse á fronte do Orfeón Brigantino, Baldomir comezou o primeiro dos dous períodos a fronte de "El Eco" e que se prolongaría durante tres anos ata a súa dimisión en 1897. A Coral "El Eco" estaba daquela presidida por Martínez Fontenla e Baldomir foi proposto para a súa dirección, aceptando de contado. "El Eco" comezou os ensaios co seu novo director cun programa que incluía "Åses død" ("Morte de Åse") da suite Peer Gynt de Edvard Grieg, como sinalou a prensa da época. O debut de Baldomir como director de "El Eco", que causou unha grande expectación, polo temor dalgunha xente logo da marcha de Chané, foi un éxito e mesmo estreou unha balada galega propia da que non hai constancia do seu título. Nesta primeira etapa á fronte da coral coruñesa realizou diversas viaxes a distintos puntos da xeografía española e mesmo a Portugal, recollendo numerosos éxitos. Con todo, axiña presentou a súa renuncia, que foi aceptada pola institución.
En 1895, durante esta época de distanciamento de "El Eco", coñécese que comezou a ensaiar unha coral formada por persoas socias do Círculo de Artesáns e que, esa mesma institución, lle encargou un Wars para coro para a revista a propósito de entroido dese ano, se ben a obra non se conservou ata os nosos días. O ano seguinte, con todo, Baldomir foi elixido director do orfeón coruñés e a finais dese mesmo ano organizou un concerto a beneficio dos feridos e enfermos da guerra de Cuba que contou, ademais de coa participación de "El Eco", coa de Eugenia Osterberger e do barítono Maristany quen cantou, acompañado polo propio compositor, dúas obras que el compuxera sobre textos do presidente de "El Eco", Salvador Golpe. Se ben en 1897 presentou de novo a súa dimisión, debeu retomar o posto, xa que se conservan fontes que o sitúan á fronte do coro no ano 1900. miniatura|page=15|Cita de Tettamancy sobre integrantes do faladoiro da Cova Céltica. Foi nesta época cando naceu A Cova Céltica, un faladoiro que se reunía na Libraría Rexional de Eugenio Carré Aldao e que se converteu no núcleo do que saíron as principais iniciativas e protagonistas políticos e intelectuais do momento. O compositor é citado por Tettamancy entre os asistentes a estas reunións. Baldomir puxo música a tres poemas xurdidos ao abeiro da Cova Céltica: Meus amores, con letra do xornalista Salvador Golpe, e Carmela e Ela! do pintor Urbano González.
O 18 de decembro de 1897 morre seu pai, pola correspondencia que mantiña con Canuto Berea sabemos que seu pai estaba enfermo, o que lle impediu reunirse con el. O loito pola morte de seu pai afastou a Baldomir da actividade pública e tan só se atopan referencias súas á fronte do coro Hijas de María. Sobre a súa produción musical coñécese que corresponden a esta época de loito a súa Despedida a la Virgen e unha Ave María, ambas partituras desaparecidas.
Éxito e recoñecemento Dende o ano 1894, canto menos, Baldomir realizara viaxes con "El Eco". Cando foi nomeado profesor numerario da Escola Provincial de Belas Artes da Coruña, en 1896, adquiriu unha relativa estabilidade que lle permitiu programar viaxes coincidindo cos períodos de vacacións, mais desta volta estas viaxes non eran para dirixir ningún conxunto coral senón en solitario co obxectivo de difundir a súa obra, como mostra por exemplo unha crónica recollida no xornal La Época o 23 de febreiro de 1899 sobre a súa viaxe a Madrid:
Foi nesta primeira viaxe á capital de España cando Baldomir tentou presentar sen éxito a primeira obra escénica composta por el da que se ten noticia.
En 1902 produciuse un feito moi salientable na carreira de Baldomir, xa que o barítono catalán Ramón Blanchart interesouse polas súas cancións, converténdose no primeiro gran barítono en contribuír á difusión das súas cancións, de feito o propio compositor pediulle a Eduardo Puig "unha colección das miñas melodías [...] para Blanchart". Foi precisamente un recital de Blanchart no Teatro Real de Madrid o que marcou a expansión da música de Baldomir. Á felicidade polos seus éxitos profesionais sumouse, no eido persoal, o seu matrimonio con María Encarnación Barbeito García, que polas novas da época sabemos que tivo lugar na capela que tiñan "os señores de Linares Astray" en Palavea, e que a data do enlace foi o 7 de xuño.El Noroeste, «De sociedad», 7-VI-1902. Citado en
O 29 de xaneiro de 1905, contando xa cun amplo recoñecemento social, foi nomeado académico da Real Academia Galega de Belas Artes. Pouco despois, o 20 de febreiro dese mesmo ano, hai referencia a que o barítono Blanchart escolleu a canción de Baldomir, Meus amores, para cantala no Teatro Real en Madrid nun acto de homenaxe a José Echegaray, que gañara o Premio Nobel de Literatura en 1904, feito que dá boa mostra do éxito que acadaran as súas cancións. Se ben hai novas que falan da publicación en 1905 de "dúas novas series" de composicións de obras de Baldomir nunha "importante casa de Barcelona", descoñécese se finalmente esta edición se chegou realizar. De novo ese ano a Xunta xeral de "El Eco" pídelle que volva asumir a dirección, ao que el se negou argumentando que: