O 23 de decembro é o 357º día do ano do calendario gregoriano e o 358º nos anos bisestos. Quedan 8 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1588 - no actual México, os españois fundan Zacatecas. 1888 - Van Gogh corta o lóbulo da súa orella esquerda. 1909 - Alberte I sobe ao trono de Bélxica. 1954 - Os doutores Joseph Murray e J. Hartwell Harrison realizan con éxito o primeiro transplante de órganos entre humanos. 1963 - Créase na Coruña a Agrupación Cultural O Facho. 1976 - O goberno de Filipinas e a Fronte Islámica de Liberación Moura firman un tratado de paz en Trípole, Libia. 1990 - A República de Eslovenia vota a favor da secesión da República Federal Socialista de Iugoslavia.

Nacementos

1503 - Nostradamus médico e profeta francés (m. 1566). 1537 - Xoán III, rei de Suecia. 1582 - Severo Bonini, compositor (m. 1663). 1597 - Martin Opitz von Boberfeld, poeta alemán (m. 1639). 1689 - Joseph Bodin, compositor barroco francés (m. 1755). 1722 - Axel Fredrik Cronstedt, químico e mineraloxista. 1732 - Richard Arkwright, inventor británico. 1743 - Ippolit Bogdanovich, poeta ruso (m. 1803). 1777 - Emperador Alexandre I de Rusia (m. 1825). 1783 - Giovanni Berchet, escritor italiano (m. 1851). 1790 - Jean François Champollion, exiptólogo que descifrou a pedra Rosetta (m. 1832). 1805 - Joseph Smith, fundador da Igrexa Mormoa (m. 27 de xuño de 1844). 1867 - Madam C. J. Walker, empresaria, filántropa e activista social e política estadounidense. (m. 1919) 1881 - Juan Ramón Jiménez, poeta español, Premio Nobel de Literatura en 1956. (m. 1958). 1891 - Alexandr Rodchenko, pintor e fotógrafo ruso (m. 1956). 1896 - Giuseppe Tomasi di Lampedusa, escritor italiano (m. 1957). 1916 - Dino Risi director de cine italiano (m. 2008). 1918 - Helmut Schmidt, chanceler alemán (1974 - 1982). 1926 - Robert Bly, poeta americano. 1929 - Chet Baker, trompetista e cantante estadounidense de jazz (m. 1988). 1931 - Ronnie Schell, actor americano. 1933 - Akihito, emperador do Xapón. 1941 - Tim Hardin, compositor e cantor de música folk (m. 1980). 1943 - Silvia Sommerlath, raíña de Suecia. 1947 - Xoán Babarro, escritor e lingüista galego. 1956 - Dave Murray, guitarrista da banda Iron Maiden. 1978 - Estella Warren, actriz canadense.

Mortes miniatura|100px|dereita|Andrei Tupolev. 484 - Hunerico, rei dos vándalos e dos alanos. 1831 . Emilia Plater, revolucionaria e nobre polaca. (n.1806) 1851 - Giovanni Berchet, escritor italiano (n. 1783). 1952 - Vasili Eroshenko, esperantista, músico, escritor, lingüista e pedagogo ruso. (n. 1890) 1953 - José Soto Reguera, avogado e político galego (n. 1881). 1962 - José Giral, político e presidente do Goberno español no exilio (n. 1879). 1983 - Manuel Vázquez Seijas, historiador e escritor galego (n. 1884). 1972 - Andrei Tupolev, deseñador e construtor aeronáutico ruso (n. 1888). 1973 - Urbano Lugrís, pintor (n. 1908). 1999 - Jenaro Marinhas del Valle, escritor galego (n. 1908). 2000 - Billy Barty, actor estadounidense (n. 1924). 2005 - P. V. Narasimha Rao, político e primeiro ministro indio (n. 1921). 2012 - Ceferino Díaz, político galego (n. 1947). 2012 - Lêdo Ivo, escritor brasileiro (n. 1924).

Festas e celebracións

Santoral San Xoán de Kęty

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Decembro