Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega, fundada en 2006.

Traxectoria Verdegaia fundouse logo dunha escisión en ADEGA, a asociación ecoloxista na que en 2005 militaban a maior parte dos membros fundadores de Verdegaia. Ten como obxectivos contribuír á defensa da natureza e propiciar un desenvolvemento sustentábel caracterizado polo ecoloxismo, a xustiza social e a paz. Os medios para acadar estes obxectivos son a investigación, a sensibilización social, o deseño e realización de proxectos, a presión a gobernos e a empresas e a mobilización. A asociación publica desde o 2006 a revista dixital Cos pés na Terra.

En 2018 creou as Brigadas Deseucaliptizadoras, un programa de voluntariado para restituír as especies autóctonas de alto valor ecosistémico onde están ameazadas polo eucalipto e por outras especies invasoras pirófitas.

Orixe do nome O nome da asociación é un xogo de palabras entre verdegaia, unha tonalidade de verde claro mestura entre o verde e o branco, cores respectivamente asociadas aos movementos ecoloxistas e pacifistas, e Gaia, nome da Nai Terra na mitoloxía grega.

Ideario O ideario de Verdegaia é: Sostibilidade ecolóxica Xustiza social Paz Democracia participativa Autoorganización da cidadanía galega Independencia e apartidismo Defensa dos dereitos dos animais e dos demais seres vivos Superación do patriarcado

Núcleos comarcais A asociación ten núcleos nas seguintes comarcas: Santiago de Compostela A Coruña Ferrol Ourense Pontevedra Vigo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Web da asociación Cos pés na Terra Revista dixital editada pola asociación.

Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Asociacións ecoloxistas de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes