Tsung-Dao Lee (chinés tradicional e simplificado: 李政道; pinyin: Lǐ Zhèngdào), nado en Xangai, China o 24 de novembro de 1926 e finado en San Francisco o 4 de agosto de 2024, foi un físico norteamericano de orixe chinesa galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1957.
Traxectoria Naceu na cidade chinesa de Xangai o 24 de novembro de 1926. Iniciou os seus estudos de física na Universidade de Zhejiang continuándoos na Universidade Nacional Asociada do Suroeste en Kunming. En 1946 realizou o doutoramento na universidade norteamericana de Chicago, traballando en Enrico Fermi e Chen Ning Yang.
Investigacións científicas Xunto a Chen Ning Yang realizou investigacións ao redor da física nuclear, atopando incoherencias no principio de simetría e iniciando o desenvolvemento dunha teoría unificadora da natureza das partículas subatómicas e sobre as interaccións débiles. En 1957 recibiron o Premio Nobel de Física por estas investigacións, sendo os primeiros chineses en conseguir este galardón.
Posteriormente traballou en transicións da fase da mecánica estatística, na física condensada da materia así como na ecuación de Schrödinger.
Co establecemento de relacións entre os Estados Unidos e a República Popular da China Dao-Le puido viaxar até o seu país de nacemento, onde realizou unha serie de conferencias, creando o ano 1998 a Fundación Chun-Tsung Endowment Fund (en mandarín: 秦惠莙—李政道中国大学生见习基金) para promover bolsas para novos estudantes chineses.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1957
Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Físicos da China Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Shanghai Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Premios Nobel da China Categoría:Finados en 2024