A Real Audiencia de Galicia foi o órgano de administración de xustiza e corpo de goberno do reino de Galicia. Naceu en 1480 como un tribunal especial para o sometemento e pacificación definitiva do reino e a instauración da xustiza real sometendo os señores. Era presidida polo vicerrei ou gobernador de Galicia. Xudicialmente é o antecedente do actual Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Historia miniatura|O edificio da Capitanía Militar da Coruña foi unha das sedes da Real Audiencia de Galicia. A Real Audiencia, conforme a Provisión de 7 de outubro de 1480, estendía os seus dominios polo Bierzo e Terra de Valcarce. Descoñécese até cando isto se mantivo; porén, aínda en 1521, após a Asemblea de Melide, o rei encarga ao gobernador de Galicia pór tropas no castelo de Ponferrada.
Ata 1578 en que se instala definitivamente na Coruña, a Real Audiencia non tivo sede fixa, senón que se desprazaba aos lugares onde había problemas que resolver (Pontevedra, Mondoñedo etc.). A documentación xerada por este organismo constitúe o fondo fundamental do Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, "Real Audiencia de Galicia" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada "Real Audiencia do Reino de Galicia" en Diccionario enciclopédico galego universal, 2003. La Voz de Galicia.
Outros artigos Capitanía Xeneral de Galicia
Categoría:Reais audiencias Categoría:A Coruña Categoría:Institucións de Galicia Categoría:Historia moderna de Galicia