300px|miniatura|Diagrama do cerebro humano. O trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH ou TDA-H) é un trastorno do neurodesenvolvemento.Barkley, R.A. (2006). Attention deficit hyperactivity disorder. A handbook for diagnosis and treatment. (3ª ed). New York: Guilford Press. O TDAH caracterízase pola co-existencia de problemas de atención, conduta impulsiva e exceso de mobilidade (hiperactividade). Habitualmente un ou varios destes problemas comezan antes dos doce anos de idade.American Psychiatric Association. (2013). Diagnostic and statistical manual of mental disorders (5th ed.). Washington, DC: Author.

Características O TDAH é o trastorno psiquiátrico infantil máis comunmente estudado e diagnosticado. Afecta aproximadamente a entre un 3% e un 7% dos nenos.NIMH • ADHD • Complete Publication É unha condición de carácter crónicoVan Cleave, J., Leslie, L.K. (2008). Approaching ADHD as a chronic condition: implications for long-term adherence. Journal of Psychosocial Nursing and Mental Health Services, 46, 28–37 na que entre un 30% e nun 50% das persoas diagnosticadas na infancia continúan a manter o trastorno durante a idade adulta. O diagnóstico de TDAH é entre dúas e catro veces máis frecuente en nenos que en nenas,Dulcan, M. (1997). Practice parameters for the assessment and treatment of children, adolescents, and adults with attention-deficit/hyperactivity disorder. American Academy of Child and Adolescent Psychiatry. JAACAP, 36, 85S–121S. aínda que segundo algúns estudos esta discrepancia podería deberse en parte a erros sistemáticos no proceso de diagnóstico, e/ou a unha diferente presentación da sintomatoloxía.Sciutto, M.J., Nolfi, C.J., & Bluhm, C. (2004). Effects of Child Gender and Symptom Type on Referrals for ADHD by Elementary School Teachers. Journal of Emotional and Behavioral Disorders, 12, 247-253.

O tratamento do TDAH habitualmente leva consigo unha combinación de medicación, intervención condutual e cambios nas pautas do estilo de vida. Os síntomas do TDAH poden ser en ocasións difíciles de diferenciar dos doutros trastornos, polo que existiría un infradiagnósticoSubcommittee on Attention-Deficit/Hyperactivity Disorder and Committee on Quality (2001). Clinical Practice Guideline: Treatment of the School-Aged Child With Attention-Deficit/Hyperactivity Disorder. Pediatrics, 108,1033-1044. DOI: 10.1542/peds.108.4.1033. www.pediatrics.org/cgi/content/full/108/4/1033 Aínda que se ten suscitado desde os anos setenta certa polémica sobre a validez do TDAH como diagnóstico, existe hoxe un consenso científico xeneralizado de que este se sustenta nunha extensa investigación e que, levado a cabo de maneira apropiada, ten grande fiabilidade.Goldman, L.S., Genel, M., Bezman, R.J. e Slanetz, P.J. (1998). Diagnosis and treatment of attention-deficit/hyperactivity disorder in children and adolescents. Council on Scientific Affairs, American Medical Association. JAMA, 279, 1100–1107

Clasificación O TDAH pode ser visto como unha serie de trazos (falta de atención, impulsividade, exceso de mobilidade) que se atopan no conxunto da poboación e que nas persoas afectadas teñen un grao que resulta excesivo, inapropiado para a súa idade, e que lles provoca dificultades en diferentes esferas da súa vida (académica, familiar, laboral,...). O TDAH é un trastorno do desenvolvemento no que certos aspectos, como o control inhibitorio, teñen un atraso. Empregando técnicas de resonancia magnética tense establecido que dito atraso pode estimarse nalgunhas áreas cerebrais (como o córtex prefrontal) entre 3 e 5 anos.P. Shaw, K. Eckstrand, W. Sharp, J. Blumenthal, J. P. Lerch, D. Greenstein, L. Clasen, A. Evans, J. Giedd, and J. L. Rapoport (2007). Attention-deficit/hyperactivity disorder is characterized by a delay in cortical maturation. PNAS, 104, 19649-19654. O TDAH está clasificado no DSM-5 e na ICD-11 dentro da categoría de Trastornos do Neurodesenvolvemento, xunto con outras condicións como o Trastorno do Espectro Autista, o Trastorno da Aprendizaxe ou os Trastornos da Comunicación.American Psychiatric Association (2013). The Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders, Fifth Edition. Arlington, VA: American Psychiatric Association.

Presentacións Existen, segundo a clasificación do DSM-5, tres presentacións diferentes da sintomatoloxía, que poden variar ao longo do desenvolvemento da persoa: Predominantemente impulsiva-hiperactiva A maioría dos síntomas (seis ou máis) son das categorías impulsividade-hiperactividade. Existen menos de seis síntomas de inatención. Predominantemente inatenta A maioría dos síntomas (seis ou máis) son de inatención, aínda que certo grao de hiperactividade-impulsividade pode darse. Os nenos e nenas con esta presentación poden pasar máis desapercibidos e infradiagnosticados xa que o seu comportamento é menos disruptivo. Combinada Están presentes seis ou máis síntomas de inatención e seis o máis de impulsividade-hiperactividade. É a presentación máis común.

Diagnose A diagnose do TDAH lévase a cabo mediante a valoración clínica dos síntomas, o seu impacto e os aspectos comórbidos. Non existe na actualidade ningunha proba ou indicador biolóxico que sirva de maneira fiable para o diagnóstico. Existen, non obstante, diferentes escalas e cuestionarios que os profesionais poden empregar, con fiabilidade e validez contrastada, de maneira auxiliar no proceso de avaliación. Así mesmo, outras probas de carácter neuropsicolóxico poden ofrecer información de tipo complementario. Entre estas, os chamados CPT (Continous Performance Tests) empréganse con certa frecuencia.

O TDAH dáse frecuentemente xunto con outros trastornos, como o Trastorno Negativista Desafiante, as Dificultades de Aprendizaxe, os Trastornos de Ansiedade ou do Estado de Ánimo, ou o Trastorno de Tourette.Brown, T.E. (Ed.)(2009). ADHD Comorbidities: Handbook for ADHD Complications in Children and Adults. Washington, DC. American Psychiatric Press. ISBN 1-58562-158-7 Desta maneira, a presentación do trastorno de maneira illada é máis a excepción que a regra, dándose aproximadamente só nun terzo dos casos.

Síntomas Desatención A miúdo non presta a debida atención a detalles ou comete erros por descoido na escola, no traballo ou outras actividades. A miúdo ten dificultade para manter a atención en tarefas ou actividades lúdicas. A miúdo parece non escoitar cando lle dirixen a palabra. Con frecuencia non segue instrucións e non remata o traballo escolar, as tarefas domésticas ou os deberes no lugar de traballo (non debido a comportamento de oposición ou incapacidade de comprender as instrucións). A miúdo ten dificultade para organizar tarefas e actividades. Frecuentemente evita, non lle gusta ou se resiste a iniciar tarefas que esixan esforzo mental constante, tales como traballos escolares ou domésticas. Con frecuencia perde cousas necesarias para tarefas ou actividades, tales como xoguetes, tarefas escolares, lapis, libros ou ferramentas. Distráese facilmente por estímulos externos. É a miúdo despistado/a nas actividades diarias. Hiperactividade Frecuentemente move as mans ou os pés ou reméxese no asento. Frecuentemente abandona o seu asento na clase ou noutras situacións nas que se espera que permaneza sentado/a. Frecuentemente corre ou escala en situacións nas que é isto é inapropiado (en adolescentes ou adultos pode estar limitado á sensación subxectiva de inquietude). A miúdo ten dificultade para xogar ou se involucrar en silencio en actividades de lecer. A miúdo actúa "como se tivese un motor". Con frecuencia fala en demasía. Impulsividade A miúdo resposta antes de que as preguntas foran concluídas. A miúdo ten dificultade para agardar súa vez. Frecuentemente interrompe ou entremétese na actividade dos demais, tales como conversas ou xogos.

A maioría das persoas presentan algún destes comportamentos, mais para que se cumpra o criterio do trastorno, os mesmos deben ser dunha intensidade que exceda o esperable para a súa idade e debe interferir e deteriorar significativamente a súa vida en aspectos como os estudos, o traballo, ou as relacións familiares e persoais.

Causas Ao igual que outros trastornos do desenvolvemento, o TDAH non parece responder a unha única causa, senón que semella ter un carácter complexo na súa etioloxía.

Xenéticas Os estudos de xenética condutual indican que o TDAH é altamente herdable e que os factores xenéticos explican máis do 75% da súa orixe.Faraone, S.V., Perlis, R.H., Doyle, A.E., Smoller, J.W., Goralnick, J.J., Holmgren, M.A. e Sklar, P. (2005). Molecular genetics of attention-deficit/hyperactivity disorder. Biological Psychiatry, 57, 1313-1323 Os investigadores consideran que a maioría dos casos de TDAH se producen debido unha combinación de varios xenes, algúns dos cales regulan o funcionamento de certos neurotransmisores (catecolaminas). Os estudos de xenética molecular teñen investigado diversos xenes candidatos e atopado relación dalgúns deles coa presenza do trastorno. Entre estes figuran o transportador de dopamina (DAT1), os receptores de dopamina (DRD4 e DRD5), o transportador da serotonina (5HTT), o receptor de serotonina (HTR1B) e o SNAP25. Aínda que debido ao carácter polixénico do TDAH e á súa heteroxeneidade etiolóxica, o efecto de cada xene individual semella ser pequeno e ningún deles constitúe unha causa necesaria nin suficiente para que se produza a expresión fenotípica do trastorno.Gizer, I.R., Ficks, C. e Waldman, I.D. (2009). Candidate gene studies of ADHD: a meta-analytic review. Human Genetics, 126, 51–90. Así mesmo, os estudos de asociación de xenoma completo (GWAS) amosaron varias rexións do xenoma como implicadas. Estes estudos tamén atoparon que arredor dun terzo da herdabilidade do TDAH é debida a unha compoñente polixénica que comprende moitas variantes xenéticas comúns con pequeno efecto en cada unha delas. Tamén os estudios que examinan as variacións no número de copias (CNV), incluíndo insercións, deleccións, inversións e translocacións, atoparon que as mesmas dan conta dunha parte da causalidade do TDAH .

Ambientais Os estudos con xemelos tamén teñen suxerido que, de maneira aproximada, entre un 9% e un 20% da varianza na sintomatoloxía do TDAH pode ser atribuída a factores ambientais (non xenéticos).Nigg, J.T. (2006). What Causes ADHD? Understanding What Goes Wrong and Why. N. York: Guilford Publications.