A remuneración compensatoria por copia privada ou canon por copia privada é unha taxa aplicada a diversos medios de gravación e cuxa recadación reciben os autores, editores, produtores e artistas, asociados a algunha entidade de xestión de dereitos de autor, en compensación polas copias que se fan dos seus traballos.

Contemplouse por primeira vez na lexislación española na Lei 22/1987, de 11 de novembro, de Propiedade intelectual http://www.derecho.com/xml/disposiciones/trini/disposicion.xml?id_disposicion=33864. No artigo 25 do texto refundido da Lei de Propiedade intelectual española (Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, durante o último goberno en funcións de Felipe González), tamén se regulou a pretensión compensatoria resultante dunha presunta afectación do dereito patrimonial de autores, editores, artistas, produtores audiovisuais e fonográficos, cando o comprador realiza copias para uso privado. A lei obriga a exercitar o cobro a través das entidades de xestión colectiva (SGAE, AIE e AGEDI). Por isto denomínase como un "dereito de remuneración de xestión colectiva forzosa".

O canon por copia privada cóbrase no estado español aos fabricantes e importadores dos equipos, aparatos e materiais que serven para a gravación de obras musicais o audiovisuais. Así e todo, a SGAE indica que a Lei de Propiedade intelectual considera responsables solidarios do pagamento da remuneración aos distribuidores, por xunto ou polo miúdo, sucesivos adquirentes, se na factura dos seus provedores non aparece desagregado o importe da remuneración.

En setembro de 2003 comezouse a aplicar aos CDs e DVDs virxes como resultado dun acordo entre as entidades de xestión de dereitos de autor (coa SGAE á fronte) e a ASIMELEC. Isto provocou gran balbordo porque resultaba evidente que estes soportes úsanse de ote para outras fins alleas á copia privada, e porque dito acordo negociouse sen a participación nin presenza de consumidores e autoridades.

Segundo as cifras que publica a propia SGAE, entre os anos 2003 e 2005 a súa recadación medrou case 12% e sitúase en 300 millóns de euros.

A reforma da Lei de Propiedade intelectual de 2006, prohibe expresamente o canon sobre o ADSL e sobre os discos duros, con algunhas limitacións.

Contía do canon A contía do canon segundo publica a Sociedad General de Autores y Editores, depende do tipo de equipo (analóxico ou dixital) e do destino do soporte. As tarifas vixentes na actualidade (xaneiro de 2008) son as seguintes: Equipos analóxicos Son Gravadores / reprodutores: 0,60 € por unidade. Soportes de gravación: 0,18 €/hora ou 0,0030005 €/minuto. Vídeo Gravadores / reprodutores: 6,61 € por unidade. Soportes de gravación: 0,30 €/hora ou 0,005006 €/minuto. Equipos dixitais Son Reprodutores de son: 0,60 € por unidade. Soportes específicos de son: 0,35 €/hora ou 0,006 €/minuto. Vídeo Reprodutores de vídeo: 6,61 € por unidade. Soportes específicos de vídeo: 0,70 €/hora ó 0,011667 €/minuto. Mixtos Discos compactos (CD), regravables ou non: 0,16 €/hora ou 0,002667 €/minuto. Para estes soportes enténdese que unha hora de gravación equivale a 525,38 megabytes. Nestes soportes estímase que o 87,54% da recadación corresponde a reprodución sonora e o 12,46% a visual ou audiovisual. Discos versátiles (DVD), regravable ou non: 0,30 €/hora ó 0,011667 €/minuto. Para estes soportes enténdese que unha hora de gravación equivale a 2,35 xigabytes. Neste caso estímase que é o 3,43% o correspondente a reprodución sonora e o 96,57% á audiovisual.

* Nota: Ao importe final hai que engadirlle o IVE.

A reforma da Lei de Propiedade intelectual aprobada en decembro de 2007 introduciu unhas novas tarifas, actualmente pendentes da súa publicación e entrada en vigor, para esta taxa que queda da seguinte forma:

Importe do canon por unidadeGrupo I: Equipos de gravaciónGrupo II: Soportes de gravaciónGrupo III: Equipos multifunción e copiadorasCategoríaCompensaciónCategoríaCompensaciónCategoríaCompensaciónGravadora CD 0,60 €Soporte CD-R 0,17 €Multifunción de inxección de tinta 7,95 €Gravadora CD/DVD 3,40 €Soporte CD-RW 0,22 €Multifunción láser 10,00 €Gravadora DVD de sobremesa 3,40 €Soporte DVD-R 0,44 €Escáner 9,00 €Discos duros non excluídos 12,00 €Soporte DVD-RW 0,60 €Copiadoras ata 9 ppm 13,00 €Gravadora de TV sobre disco duro 12,00 €Memoria USB/Flash 0,30 €Copiadoras de 10 a 29 ppm 127,70 €MP3 3,15 €Copiadoras de 30 a 49 ppm 169,00 €MP4 3,15 €Copiadoras de 50 a 69 ppm 197,00 €Teléfono móbil con MP3 1,50 €Copiadoras de 70 ou máis ppm 227,00 €

Estas cifras calculáronse sobre a base dos dados manexados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que estimaban os danos e perdas anuais correspondentes á modalidade de reprodución de obras divulgadas en forma de libros ou asimiladas é de 34 786 128 €, e o correspondente á modalidade de reprodución de fonogramas ou outros soportes sonoros e de reprodución visual ou audiovisual é de 75 362 883 €.

Defensores do Canon Independentemente da posible consideración económica destes conceptos (ingreso coercitivo, remuneración da propiedade intelectual, case-imposto etc.) a Teoría económica indica que este incremento dos custos tradúcese necesariamente nun incremento de prezos en proporción ás elasticidades relativas de demandantes (consumidores) e ofertantes (neste caso, empresas cuxos produtos están suxeitos á exacción). Adóitase considerar que debido ás características da demanda, os consumidores son os axentes económicos sobre os que se repercuten en maior medida estes custos engadidos .

Segundo declararon os defensores do canon, este permite a protección da cultura autóctona e fomenta a aparición de novos talentos. Ademais expresaron que tamén deberíase estender ás liñas ADSL, routers/antenas WiFi e, de ser posible, a calquera outro soporte que permita o almacenamento, reprodución e distribución de obras musicais o audiovisuais (ex. discos duros, chaveiros USB).

Obxeccións ao canon O canon foi moi contestado por moitos consumidores, dando lugar a distintas campañas, sobre todo en Internet. Estes consideran que o canon é arbitrario, xa que non hai control de qué obras musicais son realmente utilizadas cando se reparten os cartos os autores. Segundo os avogados da SGAE en diversas charlas sobre o tema, este repartimento realízase de forma proporcional á «importancia» do autor. O canon tamén a quen usa cintas, CD o DVD para gravar a súa propia música, datos persoais ou material que non pertenza a socios da SGAE. Este feito levou a suxerir aos detractores do canon que este vulnera a presunción de inocencia, garantida na Constitución Española, xa que presume que toda persoa que adquirir un soporte gravable virxe, vaino empregar para copiar material registrado. Segundo a lexislación, pódense definir excepcións ao canon para certas asociacións, aínda que na actualidade parece que nunca se aplicou.

Se a SGAE aplica nas súas estimacións dita relación de substitución (1 copia = 1 venda), poderíase considerar que as valoracións de dito organismo referentes á minoración de ingresos derivadas da copia privada están, en enorme medida, sobrevaloradas e condicionadas polo interese de maximizar o canon. Se a SGAE corrixe esas cifras considerando que 1 copia < 1 venda, debería recoñecerse que non se está a formular correctamente o tema na súas declaracións públicas.

Houbo moitos casos en que se tratou de cobrar o canon a establecementos que puñan unicamente música de autores alleos á SGAE, ou se ameazou con denunciar aos mantedores de páxinas que distribuían música con permiso dos seus autores, ou da que eran autores.

Notas

Véxase tamén Dereito de copia privada Dereitos de autor

Ligazóns externas Todos contra el canon Plataforma en contra do canon dixital (en español). www.sgae.es Páxina oficial da SGAE

Categoría:Dereito de autor