Diego Ameixeiras Novelle, nado en Lausana o 5 de novembro de 1976, pero criado en Ourense, é un xornalista e escritor galego. Foi traducido a varios idiomas, entre eles o catalán e o castelán.

Traxectoria Traballou como guionista para varias series emitidas pola Televisión de Galicia (Terra de Miranda, Os Atlánticos, Matalobos) e como colaborador nos xornais Diario de Pontevedra e El Mundo. Foi coguionista das longametraxes 18 comidas (Jorge Coira, 2010), pola que recibiu un Premio Mestre Mateo ao mellor guión, e La mujer del Eternauta (Adán Aliaga, 2011).

Publicou dúas novelas de serie negra ambientadas en Ourense: Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), protagonizadas polo detective Horacio Dopico. O estilo destas dúas obras, parodia do hard-boiled enchido de dialectalismos correspondentes ás falas de Ourense, aproxímano á produción narrativa de Bieito Iglesias.

En 2006 gañou o Premio Xerais de Novela con Tres segundos de memoria, obra catalogada como "xeracional" pola crítica e cuxo argumento narra o día a día dun personaxe anónimo atrapado na precariedade económica e sentimental. Escrita con humor, a novela está chea de referencias literarias e musicais; así, por exemplo, nun dos seus capítulos o autor homenaxea o autor Nick Hornby de High Fidelity. En 2009 publicou a súa cuarta novela, Dime algo sucio, que foi, xunto con Sete palabras de Suso de Toro, o primeiro libro electrónico publicado pola editorial Xerais. Traducida ao castelán por Pulp Books, esta novela significou un cambio de rumbo na traxectoria do autor, centrado agora en problemas espiñentos como a pederastia. Dime algo sucio recibiu o Premio Especial do Director da Semana Negra de Xixón na súa edición de 2011, ex aequo con Las niñas perdidas, de Cristina Fallarás."Diego Ameixeiras leva o premio especial da Semana Negra de Xixón", artigo en Cultura Galega, 29 de xullo de 2011.

En setembro de 2010 editouse a novela Asasinato no Consello Nacional, que se converteu nun éxito de vendas. En 2011 gañou o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia con Historias de Oregón, publicado no xornal durante o mes de agosto."Diego Ameixeiras faise co Premio de Novela de La Voz de Galicia", artigo en Cultura Galega, 8 de xullo de 2011

Colaborou no monográfico A falacia da sustentabilidade, editado por Renderén.

Na actualidade escribe en La Voz de Galicia.

Obras miniatura|dereita|Ameixeiras (no centro da imaxe) na Semana Negra de 2017 celebrada en Xixón, canda a Álvaro Aguilera (drta.). Narrativa miniatura|Presentando O cervo e a sombra na Libraría Paz de Pontevedra o 13 de novembro de 2021 Baixo mínimos (2004). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-9782-167-4. O cidadán do mes (2006). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-9782-384-5. Tres segundos de memoria (2006). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-9782-487-3. ePub: ISBN 978-84-9914-425-2. Dime algo sucio (2009). Vigo: Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-060-5. ePub: ISBN 978-84-9782-881-9. Asasinato no Consello Nacional (2010). Vigo: Xerais. 384 páxs. ISBN 978-84-9914-171-8. ePub: ISBN 978-84-9914-476-4. Historias de Oregón (2011)Vigo: Xerais. 104 paxs. ISBN 978-84-9914-312-5. ePub: ISBN 978-84-9914-796-3. Todo OK (2012) Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-9914-452-8. ePub: ISBN 978-84-9914-412-2. Matarte lentamente (2013). Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 978-84-9914-567-9. ePub: ISBN 978-84-9914-594-5. Conduce rápido (2014). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-9914-781-9. ePub: ISBN 978-84-9914-784-0. A noite enriba (2015). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-9914-936-3. ePub: ISBN 978-84-9914-948-6. A crueldade de abril (2018). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-9121-338-3. ePub: ISBN 978-84-9121-339-0. O cervo e a sombra (2021). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9121-992-7. ePub: ISBN 978-84-9121-999-6. Un anarquista (2024). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-515-6. ePub: ISBN 978-84-1110-522-4. O derradeiro gimlet (2026). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-861-4. ePub: ISBN 978-84-1110-867-6.

Narrativa infantil e xuvenil Xulia Belavista, detective animalista (2024). Tambre-Edelvives.Ficha da obra en tambre.es. 88 páxs. ISBN 978-84-9046-738-1.

Novela gráfica Os suicidantes (2023). Con Tomás Guerrero. Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-439-5. ePub: ISBN 978-84-1110-444-9. Oficio nocturno (2026). Con Fran Bueno. Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-1110-857-7. ePub: ISBN 978-84-1110-888-1. Unha aventura de Cibrao Lamas. Teatro Curriculum vitae (2012; xunto con Álex Sampayo, Borja F. Caamaño, Avelino González, Araceli Gonda, José Prieto e Manuel Cortés) O aniversario (2015) Get Back (2016)

Tradución Colleita vermella (2016), de Dashiell Hammett O longo adeus (2019), de Raymond Chandler

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo: gañador nos Premios Mestre Mateo 2010 na categoría de mellor guión xunto con Jorge Coira e Araceli Gonda por 18 comidas. Premios María Casares: nomeado nos Premios María Casares 2013 na categoría de mellor texto orixinal por Curriculum vitae. Premio Xerais en 2006, por Tres segundos de memoria. Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano 2010 por Asasinato no Consello Nacional. Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2011 por Historias de Oregón. Premio do director da Semana Negra de Xixón de 2011 por Dime algo sucio. Premio Losada Diéguez de creación literaria en 2015, por Conduce rápido. Premios Mestre Mateo: gañador nos Premios Mestre Mateo 2017 na categoría de mellor guión xunto con Nely Reguera, Eduard Sola, Valentina Viso e Roger Sogues por María y los demás. Premio da Crítica de narrativa galega 2022 por O cervo e a sombra. Premios Follas Novas do Libro Galego 2022 ao Mellor Libro de Narrativa por O cervo e a sombra. 2024: XXI Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego polo artigo "A metade do inverno vai fóra" (La Voz de Galicia. 10 de febreiro de 2023).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha do autor na editorial Xerais "Os homes, á nosa maneira, tamén falamos de sentimentos", entrevista en Vieiros, 12 de xuño de 2006. "Ser áxil e directo escribindo é unha obriga, non unha cualidade", entrevista de Óscar Iglesias en El País, 11 de decembro de 2009.

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Lausana Categoría:Nados na diáspora galega