Carlos Ruiz Zafón, nado en Barcelona o 25 de setembro de 1964 e finado nos Ánxeles o 19 de xuño de 2020, foi un escritor catalán en lingua castelá.
Traxectoria Desde 1993 viviu nos Ánxeles (California), onde se dedicou uns anos a escribir guións de cine antes de dedicarse plenamente á súa carreira como novelista. A súa primeira novela para adultos, La sombra del viento, foi un grande éxito de vendas, sendo traducido a 36 linguas, vendendo máis de 8 millóns de exemplares e obtendo numerosos premios internacionais.
A súa obra caracterízase por un estilo moi elaborado con grande influencia da narrativa audiovisual, unha estética gótica e expresionista e a combinación de moitos elementos narrativos. Combina esa técnica cun gran dominio da linguaxe e da estrutura narrativa, combinando elementos dispares, desde a tradicional novela do século XIX a un emprego impactante de imaxes e texturas de gran forza sensorial.
Obra escrita publicada Narrativa Tetraloxía El cementerio de los libros olvidados (2001-2016): La sombra del viento (2001) El juego del ángel (2008) El prisionero del cielo (2011) El laberinto de los espíritus (2016) El Príncipe de Parnaso (2018)
Literatura xuvenil Serie La trilogía de la niebla: O príncipe da brétema (Edebé - Rodeira, 1993) El palacio de la medianoche (1994, Edebé) Las luces de septiembre (1995, Edebé) Marina (1999, Planeta) Rosa de fuego (2012, revista Magazine e Diario de Ibiza), relato curto
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Carlos Ruiz Zafón
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1964 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados por cancro