260px|miniatura|Val do Urubamba O Urubamba, ou Urupampa, é un río do Perú, parcialmente navegábel, e que xunto co río Apurímac forman o Ucayali, un afluente do Amazonas.
O nome O nome do río en quechua é Willkamayu, "río sagrado", nome que conserva nesa lingua ao longo de todo o seu percorrido,e que é oficial nese idioma. Urubamba é outro nome tamén de orixe quechua é significa "chaira das arañas".
Percorrido Nace na Cordilleira dos Andes ao sueste de Cuzco, preto do límite coa Rexión de Puno ( onde é chamado Vilcanota ). Flúe en dirección noroeste durante 724 km, antes de se unir co Apurímac en Atalaya para formar o Ucayali, un dos máis importantes tributarios do Amazonas.
Afluentes A conca do Urubamba é disimétrica. Os tributarios principais sono pola beira dereita, dos que cómpre sinalar: Yaveros. Mishagua. Inuya.
O Alto e Baixo Urubamba Adoita subdividirse o curso do Urubamba en dúas partes, o Baixo e Alto Urubamba, cuxo límite ven marcado por unha garganta de fama sinistra, o Pongo de Mainique. O val do Alto Urubamba está densamente poboado e é cultivado intensivamente por regadíos. Áchanse nesta zona vestixios abondo da civilización Inca, entre eles a soada cidade do Machu Picchu. O val do Urubamba era sagrado para os Incas.
O Baixo Urubamba está menos habitado e desenvolto. Atópanse aquí varios pobos amerindios como os Machiguengas (ou Matsigenkas) e os asháninkas. A economía é forestal principalmente e encóntranse tamén os xacementos gasísticos de Camisea. A localidade máis importante é Sepahua.
Véxase tamén Ligazóns externas Viaxe polo Río Urubamba
Urubamba Categoría:Afluentes do Ucayali