Brate, tamén coñecido como Brath ou Breo na mitoloxía celta, foi o pai de Breogán, morto durante a conquista de Iberia. Historia Segundo o Lebor Gabála Érenn, Brath descendería de Sru, da estirpe dos Gaels (gaélicos), liderando unha expedición saída de Exipto na procura dunha "terra para todos" profetizada por un druída. Brath chegaría a Iberia como líder tras fracasar na conquista de Sicilia. A súa morte, nunha das batallas de conquista do territorio, deixaría a tarefa aberta para que a rematase o seu fillo.

Tense procurado unha explicación histórica ao mito na suposta orixe de Brath dende o grupo celta dos gálatas de Asia Menor, de onde serían expulsados migrando novamente cara a Occidente.

Este Brath é en gaélico o que en galego é Breo, de tal xeito que Breogán é o fillo de Breo, Breo genus.

Xenealoxía

Notas

Véxase tamén Outros artigos Brath (nome)

Categoría:Mitoloxía galega Categoría:Mitoloxía celta Categoría:Celtas Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes