miniatura|dereita|300px|Detalle do Retablo do Santo Espírito, de Jaume Serra, na catedral de Manresa Jaume Serra (século XIV) foi un pintor catalán de estilo italo-gótico.
Biografía Serra procedía dunha familia de pintores activos en Cataluña no século XIV, e tamén o foran os seus irmáns Pere, Francesc e Joan. Os irmáns Serra cultivaron o denominado estilo italo-gótico, de influencia sobre todo sienesa, como era típico na Cataluña do século XIV. Realizan figuras pequenas, estilizadas, de ollos achinados e boca pequena. Jaume difundiu un modelo de Virxe da Humildade, lactante, cun doante a un lado, de uso funerario.
Jaume Serra coŀaborou cos seus irmáns na realización do retablo do mosteiro de Sigena (Huesca), hoxe no Museo Nacional de Arte de Cataluña.
Obras A Jaume atribúenselle: O Retablo da Virxe, convento do Sepulcro, Zaragoza, conservado no Museo de Zaragoza. O Retablo de frei Martín de Alpartir, hoxe tamén no Museo de Zaragoza. A Virxe de Tobed (colección particular en Zaragoza). Aparece como doante o rei Henrique II de Castela, xunto coa raíña Xoana Manuel de Castela e mais súa filla Eleonor de Castela, nacida no ano 1362.
Véxase tamén Bibliografía Azcárate Ristori, J. M.ª de, ”Pintura gótica del siglo XV”, en Historia del arte, Anaya, Madrid, 1986. ISBN 84-207-1408-9 Luis Monreal Tejada, Grandes Museos, vol. 1 e 3, Editorial Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X
Ligazóns externas "A evolución italianizante" no Museo Nacional de Arte de Cataluña, co retablo de Sigena. Virxe de Tobed. Virxe do Leite.
Categoría:Pintores de Cataluña Categoría:Pintores do Gótico Categoría:Pintores do século XIV