miniatura|200px|Retrato de Selma Lagerlöf por Carl Larsson, 1906.

Selma Lagerlöf, nada en Mårbacka (Värmland) o 20 de novembro de 1858 e finada o 16 de marzo de 1940, foi unha escritora sueca, galardoada co Premio Nobel de Literatura en 1909, sendo a primeira muller en recibilo.

Traxectoria Era a cuarta filla do tenente Erik Gustaf Lagerlöf e da súa esposa Louise Wallroth. Seus pais pertencían a familias de avoengo no Värmland. Boa parte do que narrou sobre esta rexión sueca tivo a súa orixe nas lendas e contos que escoitaba da súa familia durante a infancia.

Ensinou, como institutriz, na escola feminina Landskrona, entre 1885 e 1895. En 1887 o patrimonio familiar en Mårbacka foi vendido.

En 1891 publicou a Saga de Gösta Berling. Nesta epopea romántica, Lagerlöf deixa estalar a súa imaxinación inxenua e fantástica, que desenvolve nun estilo rítmico e lírico.

O éxito que obtivo con esa obra, e máis tarde con "A marabillosa viaxe de Nils Holgersson" (1906-1907), permitíronlle realizar un dos seus soños, recomprar o patrimonio familiar, o que conseguiu en 1910.

Foi a primeira muller que recibiu o Premio Nobel de Literatura e tamén a primeira muller escollida para a Academia Sueca en 1914. En 1916, publicou unha novela pacifista: O Exiliado.

Faleceu o 16 de marzo de 1940.

Obras Gösta Berlings saga, novela, 1891. Osynliga länkar, relatos, 1894. Antikrists mirakler, novela, 1897. Drottningar i Kungahälla, relatos, 1899. En herrgårdssägen, novela, 1899. Jerusalem, novela en dúas entregas (1901-1902). Herr Arnes penningar, relatos, 1904. Kristuslegender, 1904. Nils Holgerssons underbara resa genom Sverige, novela, t. 1, 1906 ; t. 2, 1907. En saga om en saga: och andra sagor, 1908. Liljecronas hem, 1911. Körkarlen, novela, 1912. Kejsarn av Portugallien, 1914. (O emperador de Portugalia, Aira Editorial, 2023. Trad. de David A. Álvarez Martínez) Troll och människor, t. 1, 1915 ; t. 2, 1921. Bannlyst, roman, 1918. Zachris Topelius (1920). Mårbacka, 1922. « Trilogie des Löwenskold »: 3 novelas (1925-1928). Löwensköldska ringen, 1925. Charlotte Löwensköld, 1925. Anna Svärd, 1928. Ett barns memoarer, 1930. Dagbok för Selma Ottilia Lovisa Lagerlöf, 1932. Höst : berättelser och tal, 1933. Från skilda tider, t. 1, 1943 et t. 2, 1945. Julklappsboken: och andra berättelser, relatos, 1993.

Véxase tamén Outros artigos Premio Nils Holgersson.

Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Nados en 1858 Categoría:Nados no condado de Värmland Categoría:Finados en 1940 Categoría:Premios Nobel de Suecia