Ulisse Aldrovandi, nado en Boloña en 1522 e finado na mesma cidade en 1605, foi un científico italiano.
Traxectoria Fillo do conde Teseo Aldrovandi, secretario do Senado de Boloña. No ano 1529 quedou orfo. En 1538 peregrina a Roma e Santiago de Compostela. En 1539 comeza estudos de humanidades e leis nas universidades de Boloña e Padua.
En 1549 foi acusado de herexía polas súas relacións co anabaptista Camillo Renato e encarcerado en Roma durante 18 meses, durante ese tempo interésase pola botánica, zooloxía e a xeoloxía. En 1551 volve a Boloña, organiza numerosas expedicións para recoller plantas para a súa herboristería. En 1554 comeza a ensinar lóxica e filosofía na Universidade de Boloña, e en 1561 é o primeiro profesor de historia natural. Polos seus esforzos crease o Xardín Botánico de Boloña en 1568. En 1575 foi suspendido das súas actividades públicas durante cinco anos debido a unha disputa sobre a composición dunha menciña popular cos farmacéuticos e doutores de Boloña.
En 1577 solicita a axuda do papa Gregorio XIII, curmán da súa nai, para obter das autoridades de Boloña a restitución dos seus cargos e unha axuda financeira para editar as súas obras. Durante a súa vida formou amplas coleccións de botánica e zooloxía, que despois da súa morte pasaron ao museo da universidade.
Obras Ornithologiae, hoc est de vibus historia libri XII (1599) Ornithologiae tomus alter (1600) De animalibus insectis libri septem, cum singulorum iconibus ad vivum expressis (1602) Ornithologiae tomus tertius, ac postremus (1603) Historia serpenta et draconi
Categoría:Biólogos de Italia Categoría:Nados en 1522 Categoría:Finados en 1605 Categoría:Nados en Boloña Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña Categoría:Ornitólogos de Italia