Bornholm (bɒːnˈhʌlˀm; ) é unha illa dinamarquesa situada no Mar Báltico, ao leste de Dinamarca entre a costa sur de Suecia e Polonia. A illa de Bornholm, xunto a pequena illa de Ertholmene situada 18 quilómetros ao noroeste, conforman un concello rexional pertencente á Rexión Hovedstaden, unha das cinco rexións nas que se atopa dividido o país.
No ano 2017 a illa tiña unha poboación de 39.664 habitantes e unha superficie de 588,53 quilómetros cadrados.
Historia Estratexicamente localizada no Báltico, Bornholm foi controlada por Dinamarca durante a maior parte da súa historia, aínda que tamén formou parte de Suecia e de Lübeck. As ruínas do castelo de Hammershus no extremo noroeste da illa dan testemuño da súa importancia en épocas pasadas.
Economía As principais industrias da illa están formadas pola da pesca, a cerámica, a fabricación de reloxos e máis os produtos lácteos. Así mesmo, existen unha importante produción de bicicletas, caramelos e cristais, estes dous últimos na parte leste da illa. Por outra banda, cómpre salientar que o turismo é un foco económico básico durante os meses do verán. Un dos maiores atractivos turísticos da illa son as súas catro igrexas redondas.
Galerías de fotos
Localidades Allinge-Sandvig Arnager Balka Gudhjem Hasle Klemensker Listed Lobbæk Muleby Nexø Nyker Nylars Olsker Pedersker Rutsker Rø Rønne Snogebæk Stenseby Svaneke Tejn Vang Vestermarie Aakirkeby Aarsdale Østerlars Østermarie Årsballe
Véxase tamén
Outros artigos Bornholmsk Ligazóns externas Sitio oficial Información e fotografías sobre as igexas redondas de Bornholm
Categoría:Illas de Dinamarca Categoría:Illas do Báltico