José Legrá Utría, nado en Baracoa (Cuba) o 19 de marzo de 1943 e finado en Madrid o 14 de xullo de 2026, foi un boxeador de peso pluma español de orixe cubana. Traxectoria O seu debut no boxeo tivo lugar en Cuba como afeccionado, cun palmarés de 22 combates gañados de 23 disputados. Desde o seu Baracoa natal trasládase á Habana para facerse profesional. Nos seus primeiros combates sumou doce vitorias, un nulo e unha derrota ante Bobby Luís.
Ao non poder exercer o boxeo no seu pais pola prohibición do goberno cubano sobre o deporte profesional, Legrá abandonou o país e emigrou a España en 1963. Da man do preparador Kid Tunero, tamén asentado en España, empezou a labrarse un futuro no boxeo profesional. Combateu en Carballo contra Rafael Gayo no campo de fútbol de Pedras Brancas en xullo de 1964, en setembro de 1965 venceu no mesmo lugar fronte ao italiano Tristano Tartarini.
En xuño de 1965 enfrontouse ao galés Howard Winston, Campión de Europa, pero como Legrá non tiña aínda a cidadanía española non puido disputar o título europeo. Obtivo a nacionalización española en setembro de 1965. En 1967 foi nomeado coaspirante ao título europeo contra o francés Yves Desmarets, lugar que deixou vacante Howard Winstone ao proclamarse campión do mundo, e o hispano cubano gañou por k.o. no terceiro asalto.
Título mundial No apoxeo da súa carreira, obtivo o dereito a disputar o título mundial. O 24 de xullo de 1968 pelexou no Caney Beach Area de Portchaw ante o galés Winstone e venceu por K.O. técnico no quinto asalto. Porén, perdeu o título mundial en 1969 en Londres ante o australiano Johnny Famechon, pero recuperouno en 1971 ante Clemente Sánchez en Monterrey. Nese intervalo volveu ser campión de Europa, vencendo en 1970 ao italiano Galli en Madrid.
En 1973 perdeu o título mundial ante o brasileiro Eder Joffrey. A partir de aí a súa carreira empezou a declinar e rematou cun combate ante Alexis Argüello que perdeu por K.O.
Estilo José Legrá foi un boxeador de estilo fino, que nos seus combates "bailaba" constantemente sobre o ring, o que producía o desconcerto dos seus adversarios e a admiración dos afeccionados. Doutra banda, a súa verborrea anterior aos combates, similar á do mítico Cassius Clay, fixérono moi popular en todo o mundo.
O seu palmarés é de 146 combates, dos cales venceu en 131, perdeu en 11, e tivo 4 combates nulos. Notas
Categoría:Boxeadores de peso pluma Categoría:Boxeadores de Cuba Categoría:Boxeadores de España Categoría:Nados na provincia de Guantánamo Categoría:Nados en 1943
Categoría:Finados en 2026