miniatura|200px|Universidade, e ao fondo, a Colexiata. Osuna é unha cidade e concello andaluz, da provincia de Sevilla. En 2007 tiña 17.698 habitantes, nunha área de 592 km².

Situación Osuna áchase situada no centro de Andalucía a 282 metros de altitude, nunha dilatada chaira da campina sevillana, que é irrigada polos ríos Salado e Peinado, tributarios do Corbones.O extremo sur é mais montañoso (serra de Algámitas). Atravésana as estradas A-92 e máis a Nacional IV. Dista 86 km da cidade de Sevilla.

Historia miniatura|esquerda|Lex Ursonensis (M.A.N.)

Osuna é unha cidade de grande antigüidade, de hai uns tres mil anos, cando os turdetanos habitaban a zona. Sería coñecida en época prerromana co nome de Urso. No ano 44-43 a. C., cumprindo unha previsión anterior de Xulio César, foi refundada por Marco Antonio con veteranos das últimas guerras civís, dándolle o estatuto de colonia de cidadáns romanos e o nome oficial de Colonia Genetiva Iulia, tamén documentado nalgunhas inscricións. Consérvase, aínda que incompleta, a súa lei colonial fundacional, unha importante inscrición de bronce en varias táboas, coñecida como Lex Ursonensis (aínda que o nome "Urso" non aparece nela), que se custodia no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid. Un século despois, Plinio o Vello cítaa como Colonia Genetiva Urbanorum Urso (NH, III.12).

No 711 foi tomada polos árabes, sendo denominada polos musulmáns Oxona.

O rei Fernando III de Castela conquistouna en 1239, cedéndoa en encomenda á orde de Calatrava en 1264. A mediados do século XV, foille recoñecido o señorío da cidade a Pedro Girón, comendador da orde. Xa en tempos do rei Filipe II este señorío pasou a calidade de ducado de Osuna. En 1548, o seu señor, Juan Téllez Girón, nado en Osuna polo 1494, un personaxe a cabalo entre o medievo e o Renacemento, creou na cidade de Osuna o maior conxunto monumental do renacemento sevillano, coa construción de trece igrexas e conventos, un hospital, a Universidade, a Colexiata e o Sepulcro ducal, que o converten no mecenas máis importante da súa época.Jesús Agredano Alonso y María del Valle Villalba López. La Colegiata de Osuna. Arte, arqueología e historia. Asociación “Arte, Arqueología e Historia” nº 15 • xaneiro 2008 • ISSN 1886-099

Patrimonio monumental O templo relixioso de máis sona é a Colexiata, edificada entre 1534 e 1539, en estilo plateresco, con interesantes pinturas, frescos e esculturas. Dentro dela está a capela do Santo Sepulcro (1540), co monumento funerario dos duques de Osuna.

A Universidade, tamén de estilo plateresco, foi construída a partir de 1538.

A igrexa de San Domingos (Santo Domingo) posúe obras do pintor José Ribera e do tallista andaluz Juan de Mesa. A igrexa de Nosa Señora da Vitoria é do XVIII. No mosteiro da Encarnación destaca a súa decoración de azulexos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

El Coto de las Canteras Páxina oficial do concello de Osuna Web oficial de la televisión municipal de Osuna Patrimonio cultural de Osuna en la Guía Digital del Patrimonio Cultural de Andalucía. IAPH

Osuna