Lebrija é unha vila española, con concello propio da provincia de Sevilla, Andalucía. A súa poboación era de 27 449 habitantes no ano 2015. O municipio espállase por unha área de 375,20 km². Lebrija é a antiga Nebrissa Venerea da época romana.

Situación Lebrija está situada na comarca das Marismas do Guadalquivir, no suroeste da provincia, a 76 km da capital, Sevilla. O terreo no que se asenta a localidade, formado polos aluvións do río Guadalquivir, no seu curso baixo, é un terreo chairo. A cidade está a tan só 36 metros de altura sobre o nivel do mar. As súas coordenadas xeográficas son 36º 55' N e 6º 04' O. miniatura|esquerda|225px|Casa do Concello de Lebrija

Patrimonio cultural Igrexa de Santa María do Castelo, o corpo principal corresponde ao século XVI, mais está construída sobre unha antiga mesquita e contén elementos de estilo mudéxar. Retablo de Alonso Cano. Igrexa da Vera Cruz, cunha talla de Juan Martínez Montañés. Igrexa da Nosa Señora da Oliva. Ermida do Castelo, do século XVI. Ruínas do castelo medieval.

Véxase tamén Outros artigos Marismas do Guadalquivir Ligazóns externas Páxina oficial Lebrija - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía

Lebrija