O Noteć (Netze en alemán) é un río polaco, afluente do Warta, que á súa vez é tributario do Oder.
Curso O Noteć nace nas chairas de Kujawy, cruza logo os lagos Brdow e Goplo, atravesa a Gran Polonia, e despois dun curso de 388 km, rende as súas augas ao Warta, nos arredores da cidade de Santok. O total da conca hidrográfica do río abrangue 17.330 km².
Afluentes Pola esquerda: Panna. Río Gąsawka. Kcyninka. Pola dereita: Gwda. Drawa. Łobżonka.
Cidades que atravesa Inowrocław. Izbica Kujawska. Kruszwica. Pakość. Barcin. Łabiszyn. Nakło nad Notecią. Ujście. Czarnków. Wieleń. Krzyż Wielkopolski. Drezdenko. Santok.
Navegabilidade O Noteć é navegábel aproximadamente na metade do seu curso. Está unido por un canal ao río Vístula.
Noteć, Río