A bandeira de Israel (en hebreo: דגל ישראל) está composta por dúas raias azuis do mesmo tamaño que non chegan á beira da mesma sobre fondo branco. A Estrela de David, tamén de cor azul, sitúase no centro. Foi adoptada como Bandeira Nacional o 28 de outubro de 1948, cinco meses despois do establecemento do Estado de Israel.
Deseño A bandeira estándar ten que ter unhas dimensións de 220 centímetros de longo por 160 centímetros de alto co fondo branco. Dúas raias azuis horizontais de 25 centímetros de ancho colócanse a 15 centímetros das beiras. A estrela de David, integrada por dous triángulos equiláteros que se superpoñen, está situado no centro da bandeira. Mide 69 centímetros do tope á base, sendo cada lado de 60 centímetros de lonxitude. Aínda que oficialmente a cor é o azul celeste, en ocasións a bandeira de Israel aparece coreada cun azul de tonalidade máis pálida.
Cor SignificadoBranco Simboliza a luz, honestidade, inocencia e a paz.Azul Simboliza a confianza, a lealdade, a sabedoría, a confianza, a intelixencia, a fe, a verdade e o ceo.
Outras bandeiras
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bandeira de tinta Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de Israel Israel Categoría:Bandeiras de Israel Israel