miniatura|Cráter ático de figuras vermellas (detalle da cabeza de Helena). 450-440 adC. Museo do Louvre, París.

Helena (en grego Ἑλένη Helénē), ás veces coñecida como Helena de Troia ou Helena de Esparta, é un personaxe da mitoloxía grega. Filla de Zeus e de Leda, aínda que Tindáreo era o seu pai humano. Foi seducida ou raptada por Paris, príncipe de Troia, acto que deu orixe á guerra de Troia.

Lenda Homero estableceu a súa xenealoxía, que se foi complicando con elementos de todo tipo ata ser realmente complexa, así como a súa traxectoria vital. Foi froito da violación do deus Zeus á princesa Leda, filla de Testio, rei de Etolia, e de Eurítemis Outra tradición di que era filla de Glauco (fillo de Sísifo) e Pantidia, que casou axiña con Testio, de modo que a filla que tivo, Leda, pasou por filla de Testio.. A lenda conta que Zeus adoptou a forma de cisne para unirse a Leda, pero a mesma noite Leda xaceu co seu home, Tindáreo. Pasado o tempo, puxo dous ovos dos que naceron Cástor e Clitemnestra, dun ovo, e Pólux e mais a propia Helena, do outro ovo Deste xeito, Helena e Clitemnestra serían irmás xemelgas, e foron casar con dous irmáns, Menelao e Agamenón, respectivamente.. Os dous primeiros (Cástor e Clitemnestra) serían fillos de Tindáreo e, por conseguinte, mortais, mentres que os segundos (Pólux e Helena) serían fillos de Zeus e, por tanto, inmortais Grimal, nas entradas Helena e Dióscuros, cita as parellas de fillos deste xeito, pero na entrada Leda cambia os nomes: Pólux e Clitemnestra, por un lado, e Cástor e Helena, por outro, suponse que por erro. Tamén en Hixino se observa unha confusión semellante: na Fábula 77 afirma que con Tindáreo tivo a Cástor e Clitemnestra, de acordo coa versión máis común, pero na Fábula 78 di que os fillos habidos con Tindáreo foron Clitemnestra e Helena..

Pero outra variante conta que a quen Zeus perseguía era Némese, deusa da xustiza (e da vinganza). Esta transformouse en ganso para fuxir de Zeus, pero este cubriuna igual, transformado en cisne. Némese puxo un ovo, pero abandonouno nun bosque sagrado. Un pastor atopou este ovo e deullo a Leda, que o gardou nun cofre. Do ovo naceu Helena, que Leda adoptou como filla súa Grimal, s.v. Helena, s.v. Leda..

Aínda existen máis variantes do mito, que fai a Helena filla de Océano ou filla de Afrodita.

Cando aínda era meniña, con 12 anos Apolodoro, Epítome I.23., Helena foi raptada polo heroe Teseo, rei de Atenas, e o seu compañeiro Pirítoo, cando ela estaba ofrecendo un sacrificio. Botárona a sortes e correspondeulle a Teseo (ou ben Teseo escolleuna para si) pero os atenienses non a aceptaron na cidade, polo que tivo que levala onda a súa nai, Etra, e confiala ó seu coidado ata que alcanzase a maioría de idade Algunhas fontes afirman que Teseo e Helena tiveran unha filla, mentres outras aseguran que Teseo a respetara (Grimal, s.v. Helena).. Pero os irmáns de Helena, os Dióscuros Cástor e Pólux, foron liberala, destruíron a cidade onde a tiñan cativa e, de por parte, capturaron prisioneira á nai de Teseo, e a Fisadia, irmá de Pirítoo, e entregáronas a Helena como escravas.

Matrimonio con Menelao Tras estes feitos, o pai de Helena, Tindáreo, decidiu casar a filla, pero cando anunciou a súa intención, unha chea de pretendentes acudiu á Lacedemonia para pedir a man de Helena desde tódolos puntos de Grecia. O número de pretendentes de Helena varía segundo os distintos autores: algúns falan de 29 pretendentes (Graves), para outros foron 32 (Apolodoro III, 10.8) ou 36 (Hixino, 8.1, que engade: "Os antigos mencionan outros"), pero hainos que elevan esta cifra ata os 99 Algunhas fontes dan a relación nominal dos pretendentes. Hixino, Fábulas, 81; Apolodoro, III, 10.8..

Tindáreo temía a reacción dos príncipes que foran rexeitados e que o seu descontento puidese dar lugar a conflitos e mesmo unha guerra contra o elixido ou contra el mesmo, así que, seguindo o consello de Odiseo Que sabía que Menelao sería o elixido e que el non tiña ningunha posibilidade., esixiu a todos que, baixo xuramento, se comprometesen a respectar a decisión de Helena e acudir na axuda do pretendente seleccionado en caso necesario. Odiseo pediu como recompensa a man de Penélope, filla de Icario Que, lémbrese, era irmán de Tindáreo..

Helena elixiu a Menelao Os diferentes autores dubidan sobre se a elección foi cousa de Helena ou do pai, Tindáreo. Segundo Hixino, Tindáreo deixou a Helena a decisión de coroar ó elixido, e ela púxoa sobre Menelao (Hixino, 78)., rei de Esparta, e o resto dos pretendentes tivo que someterse. Co tempo, Menelao reclamaría o cumprimento daquel xuramento para recuperar a Helena cando foi raptada por Paris de Troia.

Helena e Menelao tiveron unha filla, Hermíone e posiblemente un fillo, Nicóstrato, pero este parece ser que naceu cando regresaron de Troia.

Rapto de Helena miniatura|Detalle central do cadro Os amores de Helena e Paris (Jacques-Louis David, 1788, Louvre) Tempo atrás, Paris ditaminara que Afrodita era a deusa máis fermosa entre todas, no coñecido como Xuízo de Paris, por riba de Atenea e Hera, que pretendían tamén ese nomeamento. Afrodita, para facerse coa vitoria, ofrecera a Paris entregarlle como recompensa a muller máis fermosa do mundo Atenea ofreceulle sabedoría e saír vitorioso en tódalas batallas, e Hera ofreceulle o poder sobre toda Asia e ser o home máis rico do mundo. Esta muller era Helena, e a elección ganoulle a Paris a inimizade eterna de Hera e Atenea, inimizade que se estendeu á cidade de Troia, na que ámbalas deusas loitaron xunto ós gregos.

Ó cabo de nove anos Carmona, px. 79., Paris foi a Esparta en misión diplomática, se ben a lenda conta que foi todo a instancias de Afrodita; de feito, Afrodita fixo que ventos favorables o levasen sen problema a Esparta. Menelao recibiuno cordialmente pero tivo que marchar axiña de palacio, de modo que Helena e Paris quedaron sós. A partir de aquí cambian de novo as versións do que pasou: Homero di que ela foi raptada á forza, pero autores posteriores din que marchou voluntariamente con el Mesmo hai unha versión minoritaria que indica que o mesmo Tindáreo ofreceu a Helena a Paris ante a ausencia do marido. E tamén se di que Afrodita concedeu a Paris a aparencia de Menelao, e que así foi como seduciu a Helena (Grimal, s.v. Helena).. A riqueza de Helena tamén puido xogar un papel nesta historia, pois levou consigo tesouros Tesouros de palacio e do templo, por un valor de tres talentos de ouro. Este valor viña equivaler a uns 26 a 32 kg, segundo lugares e épocas, de ben Homero fala dun talento equivalente en ouro ó valor dun boi ou dunha vaca. e cinco escravas Incluída a nai de Teseo, Etra.. O caso é que o rapto ou a fuxida de Helena tivo lugar a mesma noite que Menelao se ausentou de palacio, e que ela se entregou xa na primeira escala, na illa de Cránae Graves, px. 689; Ilíada, III, 445..

O regreso a Troia foi rápido e con ventos favorables, segundo as versións máis antigas, pero non así nas modernas. Dise que o barco foi desviado por unha tormenta enviada por Hera ata Sidón (en Fenicia), onde Paris saqueou a cidade e o palacio para logo seguir ruta (aínda que o rei os recibira con regalos). Outra versión explica que Hermes, por orde de Hera ou de Zeus, transportou a Helena ata Exipto, onde a confiou ó rei Proteo, á vez que a deusa fabricou unha figura coa forma de Helena, e foi esa pantasma o que levou Paris Graves, px. 690, citando a Estesícoro, poeta siciliano do século VI. Parece ser que Estesícoro escribiu un poema moi crítico con Helena, e quedou cego. A pitonisa de Delfos advertira a un tal Leónimo de que: "Prégoche, Leónimo, que lle digas ó difamador de Helena que a perda da súa vista se debe ó seu desgusto" (Graves, px. 736), así que escribiu unha segunda obra na que afirmaba que: "Este relato é certo: non fuches nas naves ben tripuladas nin chegaches ás torres de Troia", tralo cal curou da cegueira..

Heródoto Historias 2.113, citado por Mark Cartwright., conta que Helena e Paris chegaron a Exipto e foron recibidos polo rei Proteo. Cando este soubo o que fixera Paris Considerado un acto non só ilegal senón impío do contexto da cultura grega polo incumprimento que supón das regras de hospitalidade. expulsouno do reino e mantivo a Helena como prisioneira (ou hóspede) ata que viñera Menelao por ela Graves, px. 690.. Tamén se asegura que foi Proteo quen fixo esa figura coa forma de Helena, coa que Paris marchou cara Troia.

Con todas estas versións, o que pretendían os autores posteriores a Homero non era outra cousa que exonerar a Helena da culpa do adulterio, fronte á culpabilidade que reflectían os textos máis antigos. Pero tamén existe a tradición que asegura que o matrimonio e a descendencia de Tindáreo e Leda estaban malditos por Afrodita, porque Tindáreo esquecera inadvertidamente á deusa ó facer un sacrificio ós deuses e esta, ofendida polo desplante, xurou que as súas fillas Clitemnestra, Timandra e Helena, serían coñecidas polas súas soadas relacións adúlteras Graves, px. 683..

Guerra de Troia miniatura|Cabalo de madeira usado na película Troia (2004) A tradición máis canónica recolle que Paris e Helena chegaron por fin a Troia e foron ben recibidos por Príamo, Hécuba e os troianos todos se ben, co paso do tempo, non tardarían en xurdir opinións contrarias; Príamo incluso xurou que nunca a deixaría marchar. A partir deste momento, Helena de Esparta convértese en Helena de Troia.

Hera, cando soubo do rapto ou fuxida de Helena, mandou aviso a Menelao a través da súa mensaxeira Iris. Este regresou inmediatamente e esixiu ó seu irmán Agamenón que organizase un exército para recuperar a Helena, pero Agamenón decidiu mandar antes uns mensaxeiros a falar con Príamo e esixirlle a devolución de Helena e unha importante compensación pola afronta recibida. Entre estes embaixadores cítase a presenza de Odiseo, Diomedes e Acamante, e o mesmo Menelao Outras fontes falan de Menelao, Odiseo e Palamedes (Graves, px. 711)..

Príamo negouse en redondo, e entre os argumentos esgrimidos para negarse ás pretensións de Agamenón cítase a existencia de numerosos casos de raptos anteriores sen que os gregos adoptaran ningunha represalia: os cretenses raptaran a Europa por orde do mesmísimo Zeus, os argonautas raptaran a Medea na Cólquide, os atenienses raptaran a Ariadna. Por suposto, Agamenón non aceptou esta negativa, e mantivo a decisión de emprender unha Guerra contra Troia.

Outra versión di que Príamo contestou ós emisarios que non sabía de qué lle falaban (xa que Paris e Helena andaban por Exipto, e tamén se di que Paris se detivo en Chipre, Fenicia e Exipto á mantenta, por se Menelao viña tras eles), e preguntoulles que qué satisfacción lle deran a el cando reclamou a devolución de Hesíone Hesíone e Príamo eran fillos de Laomedonte, rei de Troia. Heracles salvara a Hesíone de ser comesta por un dragón pero, como Laomedonte non lle deu o premio acordado, destruiu Troia, matou a Laomedonte e levou a Hesíone como botín de guerra. Unha vez nomeado rei, Príamo esixiu a Grecia a devolución da súa irmá Hesíone pero os gregos negáronse. Tamén se afirma que a viaxe de Paris a Esparta tiña como obxectivo recuperar a Hesíone..

Entre os primeiros trámites para organizar un exército que asegurase a vitoria houbo episodios curiosos dos que os historiadores nos dan, para variar, diferentes versións que os artistas reflectiron nas súas cerámicas e frescos. Era necesario reunir a tódolos reis da Hélade e conseguiu que achegaran barcos e guerreiros cos que armar unha frota que resultara impresionante á vista dos troianos. Quizais así, estes entrarían en razón. Pero non lles resultou fácil conseguilo.