Arturo Frondizi Ercoli, nado en Paso de Los Libres o 28 de outubro de 1908 e finado en Buenos Aires o 18 de abril de 1995, foi un avogado e político arxentino, presidente do seu país entre 1958 e 1962, cando foi derrocado por un golpe militar.

Traxectoria Durante o período en que ocorreu a súa elección, o Peronismo estaba prohibido na Arxentina. Por esta razón, fixo un acordo por escrito con Juan Domingo Perón comprometéndose a anular as leis que prohibían a existencia do Partido Xusticialista.

Durante o seu goberno foi sancionada unha nova lei sindical. A produción arxentina de petróleo triplicouse, tornando ao país autosuficiente. Ademais, creceron as industrias, como a petroquímica e a siderurxia.

Categoría:Presidentes da Arxentina Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados na provincia de Corrientes Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina