O calembur é unha figura estilística que xorde ó reagrupar doutro modo as sílabas dunha ou máis palabras para lles mudar a significación cun sentido diferente. Este recurso adoita usarse nas adiviñas"Calembur ", no Dicionario de Termos Literarios. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades., e tamén ten presenza nas cantiga de escarnio e maldicir.
Orixe Segundo a maioría dos autores, o pai deste artificio lingüístico é Georges de Bièvre, quen seica comezou a explotar a hilaridade que na corte de Lois XVI provocaban os continuos equívocos protagonizados polo conde de Kalemburg, embaixador de Westfalia, debido ao seu escaso dominio da lingua francesa. Outros estudos din que procede do francés calembour (de calembourg, e este, de Kahlenberg, lugar que tiña un párroco contra 1300 que foi célebre polos seus xogos de palabras). En 1777 l Encyclopédie recolle que o seu uso escrito se remonta a 1630 cando Devaux dos Caros (pseudónimo non comprobado empregado por Adrien de Lasseran de Massencome de Monluc) escribiu a historia "das súas migas de pan". En todo caso a lingua francesa préstase para estes artificios lingüísticos debido á súa pronunciación.
Non obstante, hai quen postula que o vocábulo calambur procede do árabe kalembusu (palabra equívoca), ou do italiano calamo burlare (burlarse con la pluma).
Exemplos Arrula a rula seu esperma teso (Xoaquín Agulla, Cántigo) Aí van cen tolas con centolas (popular)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Allos con bugallos
Categoría:Retórica e figuras da lingua