Provincias atlánticas do Canadá é a rexión do Canadá que comprende catro provincias localizadas na costa atlántica: as tres provincias marítimas (Novo Brunswick, Nova Escocia e a Illa do Príncipe Eduardo) e Terra Nova e Labrador. A poboación das provincias atlánticas era de 2.332.535 habitantes en 2007.Statistics Canada: Canada's population estimates and demographic growth .
Orixe do termo O primeiro Premier (primeiro ministro) de Terra Nova e Labrador, Joey Smallwood, acuñou o termo "Provincias Atlánticas" cando Terra Nova e Labrador uníronse ó Canadá en 1949. Smallwood creu que sería presuntuoso para Terra Nova e Labrador asumir que podería incluírse dentro do termo existente "Provincias Marítimas", usado para describir as semellanzas culturais entre Nova Escocia, Illa do Príncipe Eduardo e Novo Brunswick. As tres provincias marítimas uníronse á Confederación no século XIX: Novo Brunswick e Nova Escocia en 1867 e a Illa do Príncipe Eduardo en 1873.
De cando en vez, o termo Marítimas é usado como un sinónimo para "as provincias atlánticas", pero este uso está considerado incorrecto pois o primeiro exclúe a Terra Nova e Labrador.
Comunidades miniatura|262x262px|As provincias atlánticas.|centro (A listaxe inclúe comunidades por riba de 50.000 habitantes, por poboación/área metropolitana).Statistics Canada: Population and dwelling counts, for census metropolitan areas and census agglomerations
ComunidadeProvinciaPoboación (2006)HalifaxNova Escocia372.858San Xoán de Terra NovaTerra Nova e Labrador181.113MonctonNovo Brunswick126.424Saint JohnNovo Brunswick122.389Cape BretonNova Escocia105.928FrederictonNovo Brunswick85.688CharlottetownIlla do Príncipe Eduardo58.625
Notas
Bibliografía Margaret Conrad e James K. Hiller. Atlantic Canada: a concise history. Don Mills, Ont.: Oxford University Press, 2006. Margaret Conrad e James K. Hiller. Atlantic Canada: a region in the making. Toronto: Oxford University Press, 2001.
Véxase tamén Provincias e territorios do Canadá
Ligazóns externas Atlas of Canada - Atlantic Region ECanuck Atlantic Canada Atlantic Canadian cities and Surrounding areas Atlantic Canada Portal/Portail du Canada Atlantique Atlantic Canada - A Profitable Place to do Business Historical Coins of Atlantic Canada
Categoría:Provincias do Canadá