A bandeira de Barbados foi adoptada o 30 de novembro de 1966, xusto o día da independencia do país.
Consiste nunha tricor de dúas bandas verticais azul mariño separadas por unha dourada no medio. A banda dourada ten un tridente negro, que simboliza a independencia de Barbados do Reino Unido, e cada punta do tridente representa cada un dos puntos da democracia. As bandas azuis simbolizan o océano Atlántico e o azul do ceo, e a dourada a area das praias barbadenses.
Outras bandeiras
Categoría:Símbolos de Barbados Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras de Barbados Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1966