Mombuey é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Ocupa unha superficie de 38,89 km², cunha poboación de 434 habitantes no ano 2007 (INE), o que lle confería unha densidade de poboación de 10,8 hab/km². O xentilicio dos naturais é palanquinos.
Nome O nome do lugar está consignado na documentación medieval como Montem Bovem, Monte ad Bove, e outros similares.
Situación Mombuey está situado na comarca de La Carballeda, bañada polo río Negro, afluente do Tera (conca do Douro), no noroeste da provincia zamorana, a 25 km ao leste da Puebla de Sanabria, da comarca da Sanbria, da que é, en parte, unha continuación. Dista 80 km da capital provincial, Zamora.
Patrimonio Igrexa da Nosa Señora da Asunción, do século XIII, de nave única. O campanario é románico-gótico.
Festas Entroido. Semana Santa, celebrada tradicionalmente. 11 de novembro, festa maior.
Categoría:Concellos da provincia de Zamora