miniatura|Impresora de inxección de tinta. Unha impresora é un dispositivo periférico que serve para converter información dixital en información impresa. A velocidade de impresión mídese polo número de caracteres por segundo e pola cantidade de páxinas por minuto que pode imprimir a impresora. A calidade de impresión ou resolución da impresora mídese pola cantidade de puntos por polgada que pode imprimir. A impresora conéctase ao ordenador por medio dun porto paralelo ou os máis recentes mediante USB.

Tipos Impresora de matriz de puntos é un tipo de impresora de impacto no que se realiza a impresión ao bater a cabeza contra unha cinta impregnada de tinta. Non poden imprimir gráficos ou imaxes, e aínda que moi rápidas, son tamén moi ruidosas. Impresora de inxección de tinta, é o tipo de impresora máis común entre os particulares e no pequeno negocio. Impresora láser, funciona de xeito semellante a unha fotocopiadora Impresora 3D é un tipo e impresora que fabrica obxectos sólidos.

Notas

Categoría:Impresoras