Narón é unha parroquia civil que se localiza no sur do concello de Narón na provincia da Coruña, cunha superficie de 8,5 km². Esta denominación foi tomada da parroquia onde se situou a primeira casa consistorial, na parroquia de San Xiao de Narón.
A parroquia de San Martiño de Xuvia foi pouco a pouco dividíndose noutras parroquias conforme a poboación ía aumentando. De acordo co Nomenclátor de 2026, todas estas parroquias menos Santa Icía de Xuvia e San Martiño de Xuvia pertencen á zona urbana de Narón. Non obstante, estas dúas parroquias aparecen incluídas en Narón a efectos estatísticos, e non constaban na edición de 2003 do Nomenclátor de Galicia.
A zona urbana limita ao norte coas parroquias de Trasancos, Castro, San Xiao de Narón e Sedes; ao sur coa ría de Ferrol; ao leste co concello de Neda e a ría de Ferrol; ao sueste con San Martiño de Xuvia; e ao oeste co concello de Ferrol e con Santa Icía de Xuvia.
Poboación Segundo o padrón municipal de 2024 tiña 32 725 habitantes (15 722 mulleres e 17 003 homes) distribuídos en 6 barrios ou parroquias urbanas, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 27 327 habitantes, pero unha lixeira diminución con respecto a 2017, cando tiña 32 825. A súa densidade de poboación é, por tanto, de 3850 hab./km².
Aínda que xa aparece como unha entidade colectiva única no Nomenclátor de Galicia de 2003, na realidade, a efectos estatísticos, non se constitúe até 2010. Até ese momento estaba constituído por 6 parroquias:
Xuvia (Nosa Señora dos Desamparados), coincidente co actual barrio de Piñeiros. Xuvia (San Martiño), tamén chamada O Couto. Xuvia (San Xosé Obreiro), coincidente co actual barrio do Alto do Castaño. Xuvia (Santa Icía), tamén chamada A Solaina. Xuvia (Santa Rita), coincidente co actual barrio de Xuvia. Xuvia (Santiago Apóstolo), coincidente co actual barrio da Gándara. Porén, a edición do Nomenclátor de 2026 considera a San Martiño e a Santa Icía como parroquias independentes, e todas estas parroquias seguen a existir de forma eclesiástica.
Lugares e parroquias Lugares de Narón
Parroquias de Narón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Narón
Categoría:Parroquias de Narón Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas Categoría:Parroquias de Galicia sen advocación