Albaredo é unha aldea da parroquia de Córneas, no concello lugués de Baleira da comarca da Fonsagrada. Segundo o IGE, en 2011 tiña 10 habitantes (7 homes e 3 mulleres).

Patrimonio O núcleo de poboación está formado por varias casas de construción tradicional, realizadas con muros de cachotería e cantería de granito e lousa, e cubertas do mesmo material. Consérvanse as ruínas dun pazo que pertenceu á familia dos Albaredo. Na zona alta da aldea hai unhas rochas elevadas chamadas Penas dos Mouros.

Lugares e parroquias Lugares de Córneas

Parroquias de Baleira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baleira

Categoría:Lugares de Baleira