O Universitario de Deportes (tamén coñecido como La «U») é un club deportivo con sede en Lima (Perú) con diferentes seccións deportivas, se ben a súa actividade principal é o fútbol profesional.

Historia

Fundación e primeiros anos José Rubio Galindo, estudante da Facultade de Letras, e Luis Málaga Arenas, estudante da Facultade de Medicina, dedicaron o seu tempo libre a intercambiar ideas con vistas a lograr un desexo común: "formar unha grande institución". Plácido Galindo, Eduardo Astengo, Rafael Quirós, Mario de las Casas, Alberto Denegri, Luis de Souza Ferreira (que marcou o primeiro gol peruano nun Mundial), Andrés Rotta, Carlos Galindo, Francisco Sabroso, Jorge Góngora, Pablo Pacheco e Carlos Cillóniz entre outros. Foi así que o 7 de agosto de 1924 os universitarios reuníronse na sede da Federación de Estudantes do Perú, na rúa Juan de la Coba 106, da cidade de Lima, dando lugar á Federación Universitaria de Fútbol; como asociación dos equipos representativos das Facultades da Universidade de San Marcos e das Escolas Especiais de Enxeñaría, Agronomía e Central Normal.

O Comité Nacional de Deportes, máximo órgano do deporte peruano daquela, recoñeceu á Federación Universitaria como se dunha Liga se tratase. De aí que xunto coa Liga Peruana de Fútbol, ​​a Asociación de Afeccionados, a Liga Chalaca, o Circolo Sportivo Italiano e o Lima Cricket and Football Club, constituíron a Federación de Fútbol.

Datos Tempadas en 1ª: 95 (1928 - 2023). Tempadas en 2ª: Ningunha. Maior número de goles marcados nunha tempada: 94 goles, 2000 Máximo goleador: Teodoro Fernández con 156 goles

Estadio

O estadio máis importante do Universitario é o estadio Monumental, coñecido como o Monumental de Ate ou Monumental de la U, do que é titular o propio club, situado no distrito do Ate, cidade de Lima. Ten unha capacidade de 80.093 espectadores inaugurouse en 2000. As dimensións do terreo de xogo son 105×70 m.

Títulos

Torneos nacionais Primeira División Peruana (29): 1929, 1934, 1939, 1941, 1945, 1946, 1949, 1959, 1960, 1964, 1966, 1967, 1969, 1971, 1974, 1982, 1985, 1987, 1990, 1992, 1993, 1998, 1999, 2000, 2009, 2013, 2020, 2023, 2024, 2025. Torneo Apertura (6): 1998, 1999, 2000, 2002, 2008, 2020. Torneo Clausura (1): 2000.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club

Notas Universitario