Leon Neil Cooper, nado en Nova York o 28 de febreiro de 1930 e finado en Providence, Rhode Island, o 23 de outubro de 2024, foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1972.

Traxectoria Licenciouse en física na Universidade de Columbia, sendo posteriormente profesor na Universidade de Illinois, Brown, Providence así como profesor invitado en universidades de Noruega, Italia e Francia.

Investigacións científicas Interesado na física do estado sólido, en 1957 desenvolveu xunto a John Bardeen e John Robert Schrieffer a Teoría BCS da supercondutividade, pola cal a moi baixa temperatura maniféstase nos electróns unha grande forza de atracción que os fai fluír emparellados de forma que, ao pasar preto dun núcleo atómico, o primeiro electrón cede enerxía que é despois recuperada polo seu compañeiro. Esta teoría tivo a súa orixe en 1911 no descubrimento do neerlandés Heike Kamerlingh Onnes sobre a carencia de resistencia do mercurio nas correntes eléctricas a temperaturas próximas ao cero absoluto.

Compañeiro de investigacións de Alfred P. Sloan entre 1959 e 1966, posteriormente realizou investigacións no Insitituto de Estudos Adiantados de Princeton e no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN).

En 1972 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con John Bardeen e John Robert Schrieffer, polos seus traballos conxuntos sobre a teoría da supercondutividade, coñecida como Teoría BCS.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1972 .

Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América