Providence é a capital e a cidade máis grande do estado de Rhode Island, nos Estados Unidos, e unha das primeiras cidades en ser fundadas nese país. Situada no condado de Providence, a cidade é a segunda máis grande de Nova Inglaterra. A poboación de Providence en 2010 era de 178 042 habitantes, mentres que a da súa área metropolitana era de 1 600 856 habitantes.
Antigamente levaba o sobrenome da «Colmea da industria», e comezou a promoverse como «a Capital Creativa» no 2009 para facer énfase nos seus recursos educativos e na súa comunidade artística.
Historia miniatura|esquerda|Capitolio do estado de Rhode Island en Providence. Providence foi fundada en 1636 por Roger Williams co nome de "Providence" (Providencia, en nome da guía e coidado de Deus), como refuxio para os disidentes relixiosos perseguidos. Está situada nun territorio que estaba baixo o dominio dos indios Narragansett, coñecido como "Baía Narragansett". Con todo, moitas partes de Providence foron queimadas durante un conflito entre os colonizadores ingleses e os indíxenas, a guerra do rei Philip entre 1675 e 1676.
Durante o cuarto século seguinte, o crecemento de Providence foi lento (1.446 habitantes en 1708), pero en 1730 había 3.916 habitantes. Nesta época, Providence converteuse nunha cidade de pesca e comercio marítimo. Logo da guerra da Independencia dos Estados Unidos, a economía chegou a outorgar máis importancia á manufactura.
Providence foi oficialmente establecida como unha cidade en 1831, e foi designada como unha das capitais de Rhode Island (xunto con Newport) en 1854, e en 1900 fíxose a capital exclusiva do estado.
Xeografía Segundo a Oficina do Censo, a cidade ten unha área total de 112,7 quilómetros cadrados (43,5 mi²), da cal 99,7 quilómetros cadrados (38,5 mi²) é terra e 5,4 quilómetros cadrados (2,1 mi²) (o 10%) é auga.
Providence está fundada sobre sete outeiros. As mais prominentes son: Constitution Hill (preto do centro), College Hill (ao leste do río Providence), e Federal Hill (ao oeste do centro). As outras catro son Tockwotten Hill, Smith Hill, Christian Hill e Weybosset Hill.
Educación O Distrito de Escolas Públicas de Providence (PPSD) xestiona as escolas públicas.
Universidades Universidade Brown, universidade da Ivy League Universidade de Johnson e Wales, notado polo seu programas culinarios Providence College Rhode Island College Escola de Deseño de Rhode Island, recoñecida como unha das mellores escolas de arte do país Universidade de Rhode Island (O campus de Providence) Universidade Comunidade de Rhode Island (Os campus de Liston e Downcity)
Cultura
Cidades irmandadas
24x24px Praia, Cabo Verde
Florencia, Italia
21x21px Santo Domingo, República Dominicana
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Medio dólar do Tricentenario de Providence, Rhode Island
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Cidades de Rhode Island