A Discoverer Enterprise foi unha plataforma petrolífera móbil, tipo FPSO (Floating Production Storage and Offloading vessel), con dobre casco e dinamicamente situada, construída no estaleiro ASTANO, na ría de Ferrol. Foi botada o 12 de decembro de 1997 e entregada o 6 de agosto de 1998. Na data da súa botadura era a maior plataforma petrolífera do mundoDiscoverer Enterprise: La plataforma de perforación más grande del mundo Escrito por Mark Thomas, Rosen Publishing Group..
Características Eslora: 254,4 m. Manga: 38 m. Puntal: 19 m. Velocidade: 10 nós Máxima profundidade do mar en perforación: 3.048 m. Máxima profundidade de perforación: 10.668 m. Condicións operativas con temporal: Con ventos de 100 nós, ondas de 15 m e correntes mariñas de 2,2 nós. Aforro do 25 % do tempo e custos na exploración e perforación, con respecto ás plataformas convencionais.
O Discoverer Enterprise foi o primeiro dunha serie de tres construídos en Astano: Discoverer Enterprise Discoverer Spirit Discoverer Deep Seas
Acontecemento miniatura|A Discoverer Enterprise encaixada na ponte das Pías. Na noite do 13 de xaneiro de 1998 a Discoverer Enterprise estaba atracada no peirao nº 10 de ASTANO, no concello de Fene, estando a traballar a quenda de noite. Durante a madrugada, o temporal rachou coas estachas que a mantiñan amarrada ó peirao do estaleiro, logo de padecer ventos que acadan os 140 km/h. Aínda non ben pasara un cuarto de hora, cando a plataforma bateu lateralmente coa ponte das Pías, destruíndo uns 100 m do taboleiro, varios piares e a traída de augas dos concellos de Ares, Fene e Mugardos e sen producirse danos persoais. Na tarde dese mesmo día, aproveitando a preamar, retirouse coa axuda de varios remolcadores.
Os efectos do accidente supuxeron que, durante os seis meses seguintes, colapsase a antiga vía de entrada a Ferrol, atravesando os concellos de Neda e Narón, cun percorrido superior ós oito quilómetros, chegando as retencións ata Pontedeume nalgunha ocasión. A reconstrución da ponte foi inmediata e o acceso restableceuse oficialmente o 10 de marzo, agora con catro carrís en lugar dos dous que tiña orixinalmente.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas ship-technology Vídeo en Youtube do Discoverer Enterprise na Ponte das Pías. Historia de Astano en el sector offshore. El pórtico de ASTANO . Veinte años del Discoverer, el accidente que rompió el aislamiento de Ferrol (La Voz de Galicia, 12.01.2018, p. 6). Discoverer Enterprise
Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:Plataformas petrolíferas móbiles Categoría:1998 en Galicia Categoría:Barcos de 1997