Philip Warren Anderson, nado en Indianápolis (Indiana) o 13 de decembro de 1923 e finado o 29 de marzo de 2020, foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1977.

Traxectoria En 1940 licenciouse en física na University Laboratory High School de Urbana. Posteriormente ingresou na Universidade Harvard para ampliar estudos baixo a dirección de John Hasbrouck van Vleck.

Entre 1967 e 1975 foi profesor universitario na Universidade de Cambridge, e desde 1984 foi profesor na Universidade de Princeton.

Investigacións científicas Entre 1949 e 1984 entrou a formar parte dos Laboratorios Bell de Nova Jersey onde vai traballar, xunto a William Bradford Shockley e John Bardeen entre outros, ao redor da física da materia condensada e o ferromagnetismo, resonancia magnética, supercondutividade, o estudo dos semicondutores e a efecto Kondo entre outros.

En 1977 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Nevill Francis Mott e John Hasbrouck van Vleck, polas súas investigacións na estrutura electrónica do magnetismo e os sistemas desordenados, que permitiron o desenvolvemento da conmutación electrónica e dos dispositivos de memoria dos ordenadores.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1977 .

Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América