Camilo Alonso Vega, nado en Ferrol o 29 de maio de 1889 e finado en Madrid o 1 de xullo de 1971, foi un militar galego, que formou parte da rebelión en contra do goberno da Segunda República Española, participou na guerra civil que orixinou o fracaso da rebelión e ocupou altos cargos durante a posterior ditadura franquista.
Traxectoria Ingresou na Academia de Infantaría de Toledo que mandaba o coronel Jose Villalba Riquelme e participou na guerra de Marrocos baixo o mando de dito militar. Tenente coronel en xullo de 1936, dirixiu a sublevación militar en Áraba, que triunfou, e a represión organizada que houbo contra os leais á República. Participou nos combates da fronte do Norte, ao mando da 4ª División de Navarra.
Ascendido a xeneral de brigada, tralo final da guerra civil. En 1939 foi nomeado subsecretario de exército. Foi procurador en Cortes entre 1942 e 1969, director xeneral da Garda Civil entre 1943 e 1955 e ministro de Gobernación entre 1957 e 1969. A súa etapa á fronte do Ministerio caracterizouse pola brutalidade dos métodos represivos que utilizou a policía contra a oposición política, que lle valeron o alcume de Camulo.
Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Ligazóns externas El frente de Álava, por Guillermo Tabernilla .
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Directores xerais da Garda Civil Categoría:Ministros do franquismo
Categoría:Nados en 1889 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1971 Categoría:Militares da guerra civil española do bando sublevado